O sábado 21 de marzo, ás 20.00 horas, o Ateneo Casino acollerá un acto conmemorativo do Día Mundial da Poesía consistente nunha homenaxe á tradición poética da Terra de Lemos.
A actividade comezará cunha introdución a modo de percorrido pola historia da poesía local, desde os trobadores medievais ata a actualidade. A continuación celebrarase un recital no que os autores participantes lerán textos propios e tamén lembrarán poemas de figuras destacadas da literatura galega vinculadas á comarca, como Manuel María ou Lois Pereiro, entre outros.
O acto contará coa participación dos poetas Lois Diéguez, Olga Novo e Patricia Meira, así como de Suso Vila, poeta e profesor de historia; Sonia González, filóloga; e Susana González, libreira.

