HomesociedadeMonforte comeza este 4 de novembro a mellora de varios parques infantís

Monforte comeza este 4 de novembro a mellora de varios parques infantís

Os traballos comezarán este mércores, 4 de novembro, no parque de Irmáns Dapena, onde se levará a cabo a renovación integral do céspede artificial existente na zona de xogos. Unha vez rematada esta primeira intervención, as actuacións continuarán nos próximos días nos parques da Compañía, A Pinguela e barrio do Hospital.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte inicia actuacións destinadas á mellora, conservación e renovación de varias áreas de xogo infantil do municipio, co obxectivo de garantir que estas instalacións se atopen nas mellores condicións de uso e seguridade para os nenos e nenas.

Nos parques da Compañía, A Pinguela e barrio do Hospital realizaranse traballos de reparación e mellora do pavimento amortecedor de caucho, co fin de recuperar as zonas que presentan algún deterioro e mellorar as condicións de seguridade e comodidade das instalacións.

O alcalde, José Tomé, destaca a importancia de manter en bo estado os espazos públicos destinados ao lecer infantil, “son espazos fundamentais para o xogo, a convivencia e o desenvolvemento dos máis pequenos, polo que é importante realizar actuacións periódicas de mantemento e renovación”.

Durante a execución dos traballos será necesario restrinxir temporalmente o acceso ás áreas infantís nas que se estea intervindo, tanto para facilitar o desenvolvemento das obras como para garantir a correcta instalación e consolidación dos novos pavimentos antes da súa posta en servizo. O Concello solicita a colaboración e comprensión ante estas restricións puntuais.

ÚLTIMAS

Quiroga celebra o San Martiño do 6 ao 11 de novembro

O venres día 6 de novembro, ás sete da tarde, a Casa da Cultura...

Espertamonforte: “Cun Consello Escolar Municipal, o problema das traballadoras da limpeza dos colexios atallaríase moito antes”

Para Espertamonforte, o mellor exemplo da utilidade dun Consello Escolar Municipal é a situación...

Villares e o alcalde do Saviñao avalían proxectos conxuntos para melloras municipais

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, mantivo este luns un...

O 7 de novembro preséntase no Auditorio Municipal de Chantada o Tomo XI da revista Alicerces

O arqueólogo e investigador da Pobra do Brollón, Xurxo Ayán, será o mestre de...