HomeCultura"Niño de barro y su metamorfosis" preséntase este 20 de marzo na...

“Niño de barro y su metamorfosis” preséntase este 20 de marzo na Biblioteca Municipal do Saviñao

Este venres, 20 de marzo, ás 18:30h, a Biblioteca Municipal do Saviñao adiántase á celebración do Día da Poesía coa presentación local do poemario Niño de barro y su metamorfosis, terceiro libro de poemas do autor asentado no concello Esteban A. Jiménez

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Niño de barro y su metamorfosis, publicado pola editorial Cuadranta, é unha viaxe íntima e desgarradora a través das cicatrices dunha vida moldeada pola dor, a resiliencia e a procura incansable de identidade. O autor ispe a súa alma en versos que percorren desde a inocencia fracturada dunha infancia marcada polo maltrato e o acoso, ata a madurez ferida por perdas, traizóns e renacementos.

Dividido en cinco capítulos que reflicten as etapas clave da súa existencia, o poemario é un crisol no que conviven a escuridade e os reflexos de esperanza. Cunha voz crúa e lírica, o autor transforma o barro das súas feridas en arte, explorando temas universais coma o desamor, a soidade, a redención e a loita por preservar a memoria fronte ó esquecemento.

Esteban A. Jiménez asinará exemplares ó remate da presentación que está aberta a todas as persoas interesadas.

ÚLTIMAS

Convocado o concurso oficial para o cartel da XXII Feira Outrora de Rubián

O Concello de Bóveda vén de anunciar a convocatoria para participar no concurso gráfico...

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...