HomePolíticaO PP de Monforte leva a pleno que os espazos municipais sen...

O PP de Monforte leva a pleno que os espazos municipais sen actividade se poñan a disposición da veciñanza

O Concello de Monforte ten varios locais de titularidade municipal que na actualidade están sen uso. Os populares explican que se trata de “espazos de diversa tipoloxía construtiva que poderían acoller diferentes tipos de actividades, tanto de carácter social coma comercial”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP de Monforte propón que o Concello poña a disposición dos cidadáns os distintos locais e espazos de titularidade municipal sen uso. Un dos exemplos do “abandono e falta de xestión para impulsar a actividade comercial da cidade” por parte do equipo de goberno son os quioscos sitos na Compañía que se atopan pechados na actualidade. Lamentan os populares que non se saquen a concurso, “a pesar de que hai interesados en poder reactivar a actividade nestes espazos”.

Desde o PP nomean tamén o edificio de Expolemos, na N-120, o quiosco do campo do San Antonio, o local do centro do viño que hai anos acolleu un bar e restaurante, ou o local que era restaurante na Praza de Abastos.

Lamentan que haxa edificios sen actividade cando “hai emprendedores que carecen dun espazo e continúan agardando que o Concello axude coa cesión dalgún ou asociacións sen locais onde realizar as súas reunións”.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...