O colectivo Do Courel a Palestina anuncia un acto de solidariedade con Palestina que terá lugar o vindeiro 21 de marzo para conmemorar o Día da Terra Palestina que se celebrará o 30 de marzo.
“Trátase dunha actividade aberta á veciñanza e ao público en xeral que busca xerar un espazo de encontro, reflexión e expresión cultural arredor da situación do pobo palestino, así como visibilizar iniciativas de solidariedade desde o territorio”, comentan dende a organización.
PROGRAMA
VILAMOR DO COUREL
16:30 h. Plantación de oliveira en Campoleirín, onde o palco da música. Despois, lectura de poemas e construción de barquiños con mensaxes simbólicas.
FROXÁN
18:00 h. Botadura no río Lor (Ata o mar).
19:00 h. Petisco na Casa da Aira con pratos típicos palestinos.
19:30 h. Palestra con Jaysh, Zaytoun e Mustautinin. Paula Bonaval, da Rede Galega pola Palestina, contaranos a súa experiencia como escudo humano na recollida de aceituna en Cisjordania.
De cara ao 9 de maio estase a preparar outra actividade mais aínda non ten pechado o programa a organización.

