HomesociedadeCortado o tráfico da estrada LU-P-1801 de Chantada aos Peares

Cortado o tráfico da estrada LU-P-1801 de Chantada aos Peares

Técnicos da institución provincial valoraron este venres o estado da vía á altura do quilómetro 15, ao seu paso pola parroquia chantadina de Nogueira de Miño, onde apareceu unha fenda de varios centímetros no borde exterior do firme

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo cortou este venres ao tráfico a estrada LU-P-1801 de Chantada aos Peares, para garantir a seguridade dos condutores que transitan por esta vía. Técnicos da institución provincial valoraron esta mañá o estado da calzada á altura do quilómetro 15, ao seu paso pola parroquia chantadina de Nogueira de Miño.

Trátase dun treito que descorre á beira do río Miño, nunha zona de viñedos que soporta maquinaria agrícola e tráfico fundamentalmente local. A institución provincial xa reparara esta estrada, que percorre as ladeiras entre o Miño e o Sil, no 2019, tras os danos ocorridos a esa mesma altura. Trátase dunha zona especialmente complicada polas características do terreo. Os técnicos da Deputación estudian agora as posibles solucións que se lle pode dar a esta vía da Ribeira Sacra e que forma parte da rede de estradas provinciais

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...