HomesociedadeAta o 15 de abril pódense solicitar as actividades educativas do programa...

Ata o 15 de abril pódense solicitar as actividades educativas do programa “Da escola á granxa”

A área Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo bota a andar a quinta edición do programa "Da Escola á Granxa", que promove actividades educativas en granxas, producións agrarias e proxectos de emprendemento no rural

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As asociacións de nais e pais de centros de infantil e primaria poden solicitar ata vindeiro 15 de abril a participación no programa, que ofrece subvencións -entre 300 e 1.100 euros – para financiar o desprazamento  e o desenvolvemento das actividades recollidas no catálogo do programa, integrada por 45 granxas e proxectos agroalimentarios repartidos por toda a provincia.

“Da Escola á Granxa” ampliou e diversificou un ano máis a súa proposta educativa coa incorporación de 7 granxas novas respecto á última edición, ofrecendo un catálogo con producións diversas, desde a produción de mel, froita e produtos da horta ata a cría de gando vacún, ovino, cabrún, avícola ou cabalar ou a elaboración de queixos, lácteos, marmeladas, embutidos, galletas ou conservas.

O deputado, Daniel García, agradeceu “ás granxas participantes a súa implicación en deseñar as actividades para os nenos e as nenas que as visitan, mostrándolles a importancia do sector primario na produción de alimentos e na conservación do territorio” e destacou que “a rede de proxectos que conforman o catálogo educativo reflicte a aposta polas granxas familiares, os modelos de produción sostibles e a diversificación produtiva que apoiamos con diferentes iniciativas desde a área de Rural”.

O responsable de Rural animou á comunidade educativa a participar no programa, que, explicou, “reforzamos desde o punto de vista económico, incrementando nun 20 por cento o orzamento total, e tamén coa creación de novos materiais didácticos e lúdicos como o libro Os Bolechas van da Escola á Granxa e O Xogo da Pita Choca“.

A convocatoria conta cun orzamento total de 250.000 euros -50.000 euros mais que na pasada edición -. As bases e os formularios de solicitude están dispoñibles na web da Deputación de Lugo, no apartado de Medio Rural e do Mar (Subvencións Rural – concorrencia Da Escola á Granxa | Deputación de Lugo ).

Granxas Participantes

Este ano como novidade, incorpórase ao programa no sur da provincia, Mel das Fadas no Incio. Xa recibiron visitas na pasada edición: as granxas de vacún autóctono en extensivo Cachenas Cas Fidalgo de Taboada e  Cachenas de San Breixo de Triacastela.

Tamén repiten Casa da Fonte (produtos lácteos con pastoreo en extensivo) de Mañente, en Pantón, Airas Moniz (queixaría e lácteos artesáns) de Chantada, Caurelor (castañas, marmeladas e mel) de Quiroga, Daveiga Galletas Mariñeiras de Chantada, Granxa Aeiroá (granxa avícola e ovella galega), Muvicla (museo de maquinaría agrícola, gando vacún e mazás en ecolóxico), e SAT O Palomar (vacún leiteiro) de Láncara, e Tres Fuciños (cooperativa de porco celta) de Carballedo.

ÚLTIMAS

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...

Monforte destina 7.500€/ano ao control de pombas domésticas no municipio

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana o inicio do procedemento de licitación....