HomesociedadeSuspensión temporal das queimas agrícolas e forestais particulares desde este 25 de...

Suspensión temporal das queimas agrícolas e forestais particulares desde este 25 de marzo

A Consellería do Medio Rural adoptou, como medida preventiva, a suspensión temporal -desde este mércores e ata novo aviso- das queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Quedan excluídas desta medida as queimas prescritas controladas que executa o Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF), que están debidamente planificadas e dispoñen dos medios de extinción precisos.

A medida preventiva adoptouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tense ademais en conta que a normativa establece a suspensión das queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.

Asemade, a Xunta pide unha vez máis a colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde mañá e ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal por parte dos particulares. A maiores, a Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...