HomesociedadeA Pobra do Brollón acolle unha competición de rastreo canino

A Pobra do Brollón acolle unha competición de rastreo canino

Trátase da II Copa de España de Rastro sobre Xabarín e Trofeo A súa Maxestade o Rei, proba que organiza a Real Sociedade Canina de España (RSCE) do 3 ao 5 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón acollerá na Semana Santa a II Copa de España de Rastreo sobre Xabarín e, Trofeo A súa Maxestade o Rei. A organización corre a cargo da Real Sociedade Canina de España (RSCE)e terá lugar do 3 ao 5 de abril sendo unha das competicións de rastreo canino máis importantes desta modalidade en España.

Durante a competición, poñerase en xogo o Certificado de Aptitude de Caza en Tránsito (CACT), dirixido a cans de rastreo do Grupo 6º, na especie de caza xabarín, consolidando así a excelencia e o nivel técnico dos participantes en España. “A Pobra do Brollón, situada no corazón da Ribeira Sacra, ofrece unha contorna natural privilexiada, con vales, montañas e o río Sil, ideal para quen desfruta do sendeirismo e a natureza”, afirman dende a organización.

Referindo outros atractivos para aqueles que se acheguen á competición, amigos e familias, a organización informa tamén que “a zona é tamén recoñecida polos seus viñedos e a súa tradición vinícola, sendo parte dun roteiro que combina paisaxe, cultura e gastronomía. O municipio destaca polo seu patrimonio histórico, con monumentos como a igrexa románica de San Pedro de Cereixa, que permiten aos visitantes viaxar ao pasado e descubrir a riqueza cultural da zona. Ademais, A Pobra do Brollón é coñecido polo seu famoso entroido, que culmina coa tradicional saída do Oso de Salcedo”.

Finalmente a Real Sociedade Canina de España expresa o seu agradecemento á Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e cambio climático, ao Concello da Pobra do Brollón, ao Tecor Societario da Pobra do Brollón, ao Club Español do Grifón Nivernés e especialmente ao seu patrocinador –Food 4 Dogs–, a colaboración e esforzo na organización desta competición.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...