Trátase dun concerto concibida como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda e creado especificamente para este espazo patrimonial. O proxecto explora a acústica do lugar e o diálogo entre instrumentos históricos e música de cámara presentándose como unha experiencia próxima e experimental que conecta música, arquitectura e territorio. “Hai dous ou tres anos fixen alí un concerto e quedoume na cabeza a idea de volver con máis músicos”, di Cupeiro ao tempo que comenta que é moi importante facer este tipo de cousas para levar xente ao rural. A igrexa ten un aforo de 200 persoas e as entradas están á venda en ataquilla.com
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.Abraham Cupeiro ofrecerá un concerto único na Igrexa de Santa María de Vilabade, en Castroverde
A interpretación do músico sarriao, específica para este espazo patrimonial, será esta fin de semana, 28 e 29 de marzo, e levará o título de “Ao son de Santa María de Vilabade”.
Publicado o
POR
XMF
- Advertisement -

