Este venres, 27 de marzo, procedeuse á inauguración da XLVI Feira do Viño de Amandi cando eran as 19:30 horas. A honra deste momento foi para a Adega Petrón de Doade, en lembranza dun dos impulsores da mesma, Epifanio Campo, falecido hai 10 anos.
No acto, presidido polo Alcalde, Luis Guitián, estiveron representantes da adega e algunhas autoridades; entre elas o Concelleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; e Martín Alemparte, director de Agacal.
Inaugurado o evento, que se estenderá ata a noite do domingo, esta mesma noite, cos postos das adegas abertas xa se poderá catar os primeiros viños e gozar da música de Festicultores Troupe ata as 23:30 h. e de Monoulious DOP a partir desa hora.
As 22 adegas presentes na edición deste ano son: A Man de Prado (Bolmente), Aborixe Viticultura (Barantes), Algueira (Doade), Alouviño (A Carqueixa-Proendos), Barbado (Proendos, Cividade (Outeiro-Bolmente), Cruceiro (Vilachá-Doade), Don Bernardino (Cima de Vila-Brosmos), Estrela (Vilachá-Doade), Guímaro (Sanmil-Brosmos), Gullufre (Lobios), Lucenza (Corvelle-Proendos), Malcavada ((Rosende), Marcelino I (A Carqueixa-Proendos), Petrón (Doade), Proencia (Sanxillao-Proendos), Rectoral de Amandi (Amandi), Regina Viarum (Doade), Soutelo (Lamas-Bulso), Tear (Suairexa-Figueiroá), Val da Lenda (Cantón-Amandi), Viña Frieira (Vilachá-Doade).
ADEGA PETRÓN
Antonio, xerente da Adega Petrón e un dos socios fundadores, cóntanos que Epifanio Campo tivo a idea de crear xunto con el a adega nesta subzona de Amandi alá polo 2002 e no 2005 xa estaba funcionando. Ao principio foron levándoa os pais deles e despois xa se fixeron cargo ata que no 2016 faleceu Epifanio. A partir deste momento, e tras reunión co grupo inversor, dinos Antonio que decidiron dar o paso de comercializar o viño que facían. Contrataron ao enólogo Pablo Estévez e crearon o seu viño insignia, Prómine, para saír ao mercado. Actualmente teñen baixo esta marca rosado, barrica, xoven e ‘singular, este último foi 3 veces consecutivas mellor tinto de Galicia. Na subzona de Amandi teñen unhas 14 hectáreas de viñas antigas na beira do río Sil e colleitan un 90% de uvas propias, recorrendo á compra do 10% restante. Finalmente, Antonio recoñece que é unha honra ter sido Adega Petrón escollida este ano para a inauguración e di sentirse moi ben acollido dende o principio cando desembarcaron co proxecto vinícola en Sober.

PROGRAMACIÓN FIN DE SEMANA
Sábado 28
-Ás 11:00 horas: Apertura de stands.
-Ás 11:30 horas: Actuación dun GRUPO DE MUSICA TRADICIONAL, a través do programa Tradigalu da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
-Ás 12:30 horas: Actuación da BANDA DE MÚSICA DE SOBER.
-Ás 17:00 horas: Comezo da Precata Oficial.
-Ás 18:30 horas: Actuación da Charanga BANDIÑOS BAND.
-Ás 20:00 horas: Actuación de LOUBAND.
-Ás 22:00 horas: Actuación de ORQUESTRA BRAVÚ XANGAI.
-As 23:30 Actuación de GIN TONI’S.

Domingo 29 de Marzo
-Ás 10:45 horas: Actuación da Charanga NBA.
-Ás 11:00 horas: Pasarrúas coa BANDA DE MÚSICA DE SOBER.
-Ás 11:30 horas: Comezo da Cata Final Oficial.
-Ás 11:30 horas: Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.
-As 12:00 horas: Animación cunha selección de TUNAS de MADRID.
-Ás 12:30 horas: Recepción de Autoridades na Casa do Concello.
-Ás 13:00 horas: PREGÓN a cargo do chef Estrella Michelin RAFA CENTENO do Restaurante VÉRTIGO.
-Ás 13:30 horas: Entrega de Premios.
-Ás 17:30 horas: Actuación da Charanga NBA.
-Ás 19:30 horas: Baile coa orquestra TANIA VEIRAS e OS CUMBIA POP.

