HomeDeportesFinais do Campionato Galego de Voleibol Xuvenil Masculino e Feminino en Monforte

Finais do Campionato Galego de Voleibol Xuvenil Masculino e Feminino en Monforte

A cidade do Cabe será sede esta fin de semana, 28 e 29 de marzo, dos partidos que se disputarán no Pavillón Municipal de A Pinguela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na presentación, presidida pola Tenente de Alcalde Gloria Prada, e o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, estiveron acompañados polo director de competición da Federación Galega de Voleibol, Mateo Fernández, e o presidente do Club Korbis de Monforte, Roberto Castro.

Gloria Prada destacou a colaboración do Concello de Monforte nunha competición desta categoría e avanzou que será unha fin de semana importante para a cidade xa que o Pavillón da Pinguela “será o escenario no que se decidan os novos campións do voleibol galego e os equipos que representarán a Galicia nos Campionatos de España de Clubs, ao máis alto nivel nacional”. Abondando no anterior, Prada dixo que“é un pracer acoller esta competición, xa que Monforte é unha referencia no voleibol e na formación de novas promesas a nivel galego” e salientou que “a cidade pode presumir de ter unha das principais canteiras do voleibol grazas, precisamente, a clubs como o Korbis, do que están saíndo grandes xogadores e xogadoras”.

Finalmente, a Tenente de Alcalde fixo referencia ao efecto dinamizador que teñen este tipo de competicións, pois atraen xente de fóra que coñece e fai gasto en Monforte, e animou ás monfortinas e aos monfortinos a asistir aos partidos deste evento deportivo.

Pola súa banda, desde a Federación e o Club Korbis agradeceron a colaboración do Concello de Monforte, “fundamental para que estas Finais se celebren en instalacións de primeiro nivel”.

O EVENTO DEPORTIVO, EQUIPOS E HORARIOS DOS PARTIDOS

Este sábado 28 xóganse as Finais Xuvenís Femininas, coa participación do Korbis Lambetadas, Arenal Emeve Lugo, CV Oleiros e CV Cidade de A Coruña. E o domingo 29, na Final Xuvenil Masculina, enfróntanse o Korbis Lambetadas, Arenal Emeve Lugo, CV Oleiros e CV Vigo.

PARTIDOS E HORARIOS

10.00 h: Primeira Semifinal.

12.00 h: Segunda Semifinal.

16.30 h: Partido polo 3º e 4º posto.

18.30 h: Gran Final.

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...