HomePolíticaCruz Fernández Rodríguez renuncia "por motivos persoais e laborais" á súa acta...

Cruz Fernández Rodríguez renuncia “por motivos persoais e laborais” á súa acta de concelleira con Por Chantada

Está previsto que, no vindeiro pleno, Xavier Viana Álvarez se incorpore como novo concelleiro, asumindo o relevo nesta última etapa da lexislatura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cruz Fernández Rodríguez estivo 7 anos traballando como concelleira con Por Chantada – Interior Galego Vivo. A edil comunicou a súa decisión despois dun período de reflexión, explicando que responde a motivos persoais e laborais, priorizando así unha nova etapa vital fóra da primeira liña da política institucional. Desde a formación subliñan que “este relevo reforza a continuidade dun proxecto colectivo vivo, amplo e preparado para seguir traballando por Chantada e coa vista posta en maio de 2027”.

A renuncia deu pé a un proceso de substitución dentro do grupo municipal xa preparado con anterioridade ao ser desexo de Cruz que a súa marcha contribuíse para a formación como concelleira doutra persoa, previsiblemente Xavier Viana Álvarez, garantindo así a continuidade do labor político de Por Chantada – Interior Galego Vivo na corporación.

Desde Por Chantada – Interior Galego Vivo destacan o traballo desenvolvido por Cruz Fernández durante estes anos, subliñan o seu compromiso coa defensa do interese público, a súa proximidade coa veciñanza e o seu papel activo na fiscalización do goberno local. “O seu labor tamén estivo vinculado á dinamización social e á construción dun proxecto colectivo comprometido co desenvolvemento de Chantada desde unha perspectiva crítica e transformadora”, afirma Antom Fente, voceiro do grupo municipal

ÚLTIMAS

“É un orgullo que pensaran en min como pregoeira”, Mónica Fernández, sumiller

Falamos con Mónica Fernández aproveitando que está a pasar uns días en familia na...

Conclúe con éxito o rescate en helicóptero das xovencas que caeron por un barranco en Taboada

A Administración autonómica púxose desde o primeiro momento a disposición do Concello de Taboada...

Co lema de defensa dos dereitos, das liberdades e dun futuro digno para Galiza, a CIG celebrou o 1º de Maio

A central sindical celebrou esta xornada reivindicativa para expresar o rexeitamento ás políticas que...

FEARS e Por Chantada poñen o foco na instalación enerxética prevista en Pesqueiras

A veciñanza de Pesqueiras a través de Stop Baterías Ribeira Sacra denuncia irregularidades nos...