HomeMedio ambiente e PatrimonioImportantes doazóns documentais para o Museo Xeolóxico de Quiroga

Importantes doazóns documentais para o Museo Xeolóxico de Quiroga

Trátase de 4 exemplares de Teses de Doutoramento sobre xeoloxía rexional realizadas en Galicia nos anos 60 e 80. Os volumes foron doados polo profesor José Ramón Martínez Catalán, Catedrático de Xeoloxía na Universidade de Salamanca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Museo Xeolóxico de Quiroga segue aumentando a súa área expositiva. Nesta ocasión incorpora ás súas vitrinas 4 exemplares de Teses de Doutoramento sobre xeoloxía rexional realizadas en Galicia nos anos 60 e 80. Os volumes foron doados polo profesor José Ramón Martínez Catalán, Catedrático de Xeoloxía na Universidade de Salamanca, membro do Comité Científico do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e un dos mellores coñecedores da xeoloxía galega e en especial da zona que abrangue o territorio do Xeoparque.

Un dos traballos doados é un exemplar impreso da súa propia tese de doutoramento: Estratigrafía y estructura del Domo de Lugo, que inclúe a parte setentrional das Montañas do Courel, mentres que os outros tres volumes son orixinais mecanografados de tres teses de xeólogos alemáns da Universidade de Münster realizadas na década de 1960.

Respecto dos traballos dos xeólogos alemáns, unha das teses é de Jürgen Von Raumer (Geologie des norwest-spanischen Grundgebirges bei Noya). Presentada en 1961, trata da xeoloxía da Península do Barbanza. As outras dúas –de 1962–, cubren á faixa oriental da provincia de Lugo. A zona norte foi traballada por Roland Walter (Stratigraphie und Tektonik in der nordöstlichen Provinz Lugo) mentres que a área sur foi investigada por Wynfrieth Riemer (Geologie der südöstlichen Provinz Lugo), cuxo traballo abrangue practicamente toda a metade meridional do Xeoparque, incluída a súa principal estrutura xeolóxica, a dobra sinclinal deitada do Courel. Non en van foi este xeólogo alemán o primeiro en nomear esta estrutura, elemento xeolóxico de interese internacional e núcleo patrimonial do Xeoparque.

Esquema Riemer. Foto: Xeoparque Montañas do Courel.
XEOPARQUE MUNDIAL DA UNESCO MONTAÑAS DO COUREL

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, declarado en 2019, abrangue os concellos lucenses de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil e ten por obxectivo central promover o desenvolvemento socioeconómico do territorio en base á conservación e difusión do patrimonio xeolóxico.

Entre as súas liñas de traballo destacan as actividades divulgativas e educativas, o apoio á investigación científica, a catalogación e conservación patrimonial ou a promoción do xeoturismo e os produtos locais.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...