HomeEconomíaDisponibles as solicitudes para participar no Mercado Medieval de Monforte

Disponibles as solicitudes para participar no Mercado Medieval de Monforte

O Concello de Monforte de Lemos vén de abrir o prazo para solicitar a participación na XVII Feira Medieval de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

A edición deste ano celebrarase o sábado 20 e o domingo 21 de abril, cadrando como é costume co remate da Semana Santa.

Dado o volume de participantes con postos no mercado medieval, que cada ano vai a máis, o concello fixo públicas xa as bases que recollen o procedemento de solicitude con toda a documentación que se debe achegar, así como aspectos relacionados coas características dos postos, a decoración dos mesmos,  a utilización de materiais nas súas estruturas, o prezo e os horarios de apertura e peche.

O prazo para inscribirse remata ás 14:00 h. do día 25 de febreiro e o día 8 de marzo publicarase na páxina web municipal a listaxe de admitidos/as, data na que tamén se indicará a forma de facer efectivo o prezo de inscrición.

A organización da XVII Feira Medieval admitirá tres modalidades de postos: alimentación, artesanía e comercio e daráselle prioridade ás solicitudes de vendedores/as de Monforte, así como aqueles postos de artesanía con carta de artesá/na.

O prezo que se fixa para os postos de artesanía e comercio será de 41,19 € para os que midan ata 3 metros de longo e de 51,54 € para os que pasen desta medida. Na categoría de postos gastronómicos o importe a ingresar será de  61,89 € independentemente do seu tamaño.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...