HomeCultura"Non teño nada preparado porque primeiro quería compartir vivencias", asegura Edu Soto,...

“Non teño nada preparado porque primeiro quería compartir vivencias”, asegura Edu Soto, pregoeiro da Feira do Viño de Quiroga

Despois do pregón farase a entrega de premios ao establecemento gañador do concurso Val de Quiroga de Tapas e á gañadora do concurso do cartel da Feira do Viño, Antía Rodríguez. Con familia de Quiroga, Antía leva toda a vida vivindo na Coruña, "aínda que sempre volvía cando podiamos e actualmente paso máis tempo en Quiroga que na Coruña".

Publicado o

POR
Ana B Fernández
- Advertisement -

A XLIV Feira do Viño de Quiroga celebra este sábado, 4 de abril, a lectura do pregón que terá lugar ás 20:30h no palco do recinto feiral. Este ano cóntase para a ocasión cos actores, Iván Massagué e Edu Soto. Este último tamén cantante e humorista chegou ás nosas vidas fai 20 anos a través da pantalla de televisión con Andreu Buenafuente e acompañado de personaxes fantásticos como O Neng de Castefa.

Edu Soto chegou a Quiroga este venres, quere empaparse da terra e da xente para preparar o pregón do sábado. Asegura que chega con moitas ganas de visitar as raíces dunha amizade, “Estou vinculado con Quiroga por un amigo, Nacho e a súa muller Silvia, son amigos de Barcelona e a familia de Silvia é de aí. Os nosos fillos coinciden tamén e somos como unha familia, queriamos visitar as raíces de Silvia. Sempre se fai máis familiar indo da man con alguén de aí. Tamén o alcalde recibiunos coas mans abertas cando se plantexou a posibilidade”.

Edu Soto asegura que estivo noutros puntos de Galicia, pero é a primeira vez que visita Quiroga e a Ribeira Sacra, “Apetecíame moito coñecer esta zona, non teño nada preparado porque primeiro quería vivilo, ver onde estou, quen hai e compartir as vivencias. Eles sempre falan marabillas de aquí”.

Silvia e Nacho contábanlles e ensinábanlles imaxes e vídeos, -“mira onde estamos tedes que vir”. Que lle trasladaban esas imaxes, “unha vida moi diferente á que nós vivimos,…unha vida que coñecemos como espectadores doutros lugares de España. Vidas tranquilas onde todo o mundo se coñece, se es dun círculo próximo recíbente cos brazos abertos. Moita paz, campo, vida familiar…”. O actor asegura que lle gusta o viño e que coñecer Quiroga a e a súa feira lle permitirá alonxarse do día a día na cidade.

Despois do pregón farase a entrega de premios ao establecemento gañador do concurso Val de Quiroga de Tapas e á gañadora do concurso do cartel da Feira do Viño, Antía Rodríguez. Con familia de Quiroga, Antía leva toda a vida vivindo na Coruña, “aínda que sempre volvía cando podiamos e actualmente paso máis tempo en Quiroga que na Coruña”.

Antía Rodríguez

Dedícaste ás artes gráficas ou tes como afección a ilustración e o deseño?

Dende pequena sempre me gustou todo o relacionado ca arte, de feito acudín moitos anos a clase de pintura. Estudei Publicidade, unha carreira bastante creativa, e acabei descubrindo o mundo da ilustración dixital, que agora teño como afección.

Tíñaste presentado antes a algún concurso gráfico?

Á primeira edición do concurso da Feira do Viño de Quiroga, fai xa dous anos.

Como xurdiu, logo, a idea de presentarse ao certame de deseño do cartel anunciador da Feira do Viño de Quiroga?

Tiña a espiña cravada dende facía dous anos, e como o ano pasado non me presentei, este tiña o tempo necesario para dedicarlle ao cartel.

Tiveches clara a proposta final de cartel dende o principio ou décheslle algunha volta?

Primeiro fixen un boceto da contorna de Quiroga, que tiña claro ao cen por cen que estivera representada, e despois, unha vez que fun añadindo cor, viñeron as ideas de nomear ás parroquias e os distintos elementos patrimoniais.

Que queres representar co teu deseño gañador?

Quixen que todos os habitantes do concello se sentisen representados, ao final, aínda que a feira faise na vila de Quiroga, os froitos que a fan posible esténdese por todo o territorio. O viño para esta comarca é unha forma de vida, para a miña familia tamén, e ca contorna do concello como protagonista do cartel quixen representar que é o núcleo da nosa vida e da de todos, aínda cas nosas características propias de cada pobo, somos unha comunidade que forma parte dun mesmo lugar.

Como recibiches a nova e como valoras a repercusión que está tendo na contorna quiroguesa e fóra dela?

Fíxome moitísima ilusión porque para min o feito de que unha ilustración miña represente algo da miña vila é un orgullo tremendo. Estou moi contenta porque recibín persoalmente moitas felicitacións e parece que a xente está contenta e gústalle o cartel que representa a súa feira do viño, que ao final é o máis importante. 

En vista do éxito, presentaraste a máis concursos de carácter gráfico?

Nunca lle din voltas fóra do concurso de Quiroga, pero non descarto probar sorte fóra del.

ÚLTIMAS

Convocado o concurso oficial para o cartel da XXII Feira Outrora de Rubián

O Concello de Bóveda vén de anunciar a convocatoria para participar no concurso gráfico...

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...