HomesociedadeArias reúnese co alcalde do Páramo para abordar actuacións de interese municipal

Arias reúnese co alcalde do Páramo para abordar actuacións de interese municipal

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantiña esta semana unha reunión de traballo co alcalde do Páramo, José Luis López, que serviu para analizar as principais necesidades do municipio naqueles ámbitos que son de competencia da Administración autonómica e para avaliar posibles liñas de cooperación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Entre as colaboracións máis recentes co Concello do Páramo, Arias lembrou a concesión de 34.100 euros para acondicionar os accesos ao núcleo de San Mamede da Ribeira, a través da orde de axudas do ano pasado para mellorar infraestruturas públicas de ámbito local.

    O delegado destacou que precisamente hoxe sae publicada no Diario Oficial de Galicia a nova convocatoria desta orde de axudas da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, dotada con 3,5 millóns de euros para a presente anualidade. Os Concellos xa poden presentar as súas solicitudes.

    Arias subliñou que a Xunta “está sempre ao carón dos concellos, ben con actuacións directas ou mediante programas de axudas, pois entendemos que a colaboración entre as administracións autonómica e local resulta fundamental para impulsar o seu desenvolvemento económico e social”.

    ÚLTIMAS

    “Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

    A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

    Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

    O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

    “Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

    Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...