HomeComarca de SarriaOs veciños de Sarria son chamados para protestar contra as corridas de...

Os veciños de Sarria son chamados para protestar contra as corridas de toros

A plataforma "Galicia, mellor sen touradas", é a promotora de todas iniciativas contra as corridas de touros

Publicado o

- Advertisement -

Como xa informamos no XdL, a plataforma “Galicia, mellor sen touradas” segue na súa loita para que o Concello de Sarria non permita celebrar a corrida de touros que se pretende celebrar na localidade. Deste xeito, fan un chamamento á poboación para que acudan á concentración do xoves, día 31 ás 19:30 horas na Praza da Constitución, facéndoa coincidir co Pleno municipal.

apoio dos veciños

Aos apoios obtidos por parte da veciñanza nunha mesa informativa,hai que sumarlle as máis de 2.200 rúbricas que os abolicionista conseguiron na súa campaña na rede a través da plataforma Change.org.

“Galicia, mellor sen touradas”, apela a vixianza do Concello de Sarria para comprobar a completa legalidade das parcelas que o propio empresario, promotor da iniciativa de rexurdir as touradas no concello, está ofertando como base da súa praza portátil, que debería de contar con quirófano e facultativos especializados, como así o demostra a normativa estatal á cal Galicia se debe nesta materia.

promotor da tourada

Segundo puido saber este xornal, o empresario taurino Juan Santos é o promotor desta iniciativa e ten a intención de celebrar o espectáculo tanto se coincide nas festas de San Xoán como se ten que facelo máis tarde posto que dende o Concello manifestaron que non lle ían dar un trato preferente á súa solicitude. O que si xa está confirmado e que ao evento acudirán os toureiros Juan José Padilla, Miguel Abellán e José Antonio Canales Rivera.

acceso aos menores de idade

A nova Lei de Espectáculos Públicos da comunidade estipula como infracción grave o acceso de menores de 12 anos a festexos taurinos en recintos cerrados. A plataforma en contra das corridas de touros, insta ao Concello de Sarria a que, en caso de que se celebre o evento, se tomen as medidas necesarias coa colaboración da Policía Autonómica, co obxectivo de que se faga cumprir a lei.

 

 

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...