HomesociedadeQuiroga celebra o 18 de abril as I Xornadas "Coidar a quen...

Quiroga celebra o 18 de abril as I Xornadas “Coidar a quen coida”

O Concello de Quiroga, dende as súas concellerías de Igualdade e de Servizos Sociais, organizará o vindeiro sábado 18 de abril as I XORNADAS "COIDAR A QUEN COIDA", un evento totalmente gratuíto que quere poñer o foco nas persoas coidadoras ofrecéndolles formación, apoio e recoñecemento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xornada terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura e vai dirixida a coidadoras profesionais (traballadoras de axuda a domicilio, centros de día, residencias de anciáns, persoal sanitario, etc), a profesionais de atención a persoas en situación de vulnerabilidade, e a persoas con obrigas familiares ao seu cargo en xeral.

Para facer que este encontro e  experiencia compartida das persoas coidadoras sexa de utilidade, amena e atractiva preséntase cun programa diverso de actividades que contemplan un espazo para o debate, obradoiros, unha visita cultural, unha actividade de lecer con moito humor e unha cata-degustación.

Programa Coidar a quen Coida

  • 10:00 a 10:15 h Recepción e benvida.
  • 10:15 a 11:45 h. Mesa redonda e debate: “O esgotamento do coidador (Síndrome de Burnout). Modera: Xosé Manuel Fernández, Concelleiro de Servizos Sociais do Concello de Quiroga. Interveñen: Galia Fernández García. Traballadora Social e coordinadora Attende Care S.L.; Ana de la Torre Alvaredo. Traballadora Social dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Sober; Esther Mariño Casanova. Psicóloga do CIM de Quiroga; Eva Rodríguez Macía. Médica de familia no Centro de Saúde de Quiroga; Miluska Apolinaria Barreto Mayon. Coidadora profesional.
  • 11:45 a 12:00 h. Pausa café.
  • 12:00 a 14:00 h. Obradoiros: “Círculo de benestar”, impartido por Paula Santos; e “Viaxe interior”, impartido por Teresa Taboada.
  • 14:00 a 16:00 h. Pausa comida.
  • 16:00 a 17:00 h. Visita cultural.
  • 17:15 a 18:30 h. Rir tamén é coidarse: “O poder terapéutico do humor”. Impro teatral ‘Coidado coa risa” con Antía Vidal, Antía Costas e Marta Doviro.
  • 18:30 a 20:00 h. Cata de viños e degustación de produtos da zona.
  • 20:00 h. Despedida.

O Concello de Quiroga convida ás persoas coidadoras a asistir a estas xornadas esperando que o éxito das mesmas fagan posible que teña continuidade no futuro. Prégase que quen teña interese contacte enviando un correo electrónico aos enderezos departamento-ss.quiroga@eidolocal.escimquiroga@eidolocal.es para solicitar e encher a correspondente folla de inscrición.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...