HomePolíticaO PP esixe o arranxo inmediato da estrada provincial LU-P-1811 en Chantada

O PP esixe o arranxo inmediato da estrada provincial LU-P-1811 en Chantada

Antonio Ameijide esixe a PSOE e BNG que “realicen de inmediato” o mantemento desta estrada provincial xa que “circular por ela é unha tarefa case imposible” dadas as grandes fochancas que presenta. “Tivemos ocasión de falar cos veciños e algún, incluso, ofreceuse a ensinarnos as rodas picadas que tiña gardadas por mor das fochancas que teñen diante das portas das casas”, sinalou.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, xunto ao alcalde de Chantada, Manuel Varela, comprobaron este martes o “nefasto” estado de conservación da estrada provincial LU-P-1811, ao seu paso por este municipio, dado que presente “importantes deficiencias que complican a mobilidade dos veciños”.

O voceiro popular explica que nesta estrada “hai moitos puntos nos que é complicado circular” ao non haber escapatorias ás fochancas. “O primeiro que hai que facer é arranxar o firme, así como o desbroce da vexetación, a poda das árbores, a renovación da sinalización vertical, o repintado da sinalización horizontal e a limpeza das cunetas para garantir que se canaliza correctamente a auga e que esta non discorre polo firme”, afirmou.

Pola súa banda, o alcalde de Chantada, Manuel Varela, agarda que se teña en conta esta reivindicación “xa que no municipio temos máis de 100 quilómetros de estradas da Deputación e teñen que ser estradas seguras”. Lembra que recentemente comprobaron o estado da estrada LU-P-1801 (Chantada – Nogueira – Os Peares) que está a caerse á altura do PK-15, aproximadamente, cun elevado risco de derrubamento. Manuel Varela lamentou “a total ausencia de comunicación por parte da Deputación, o único que fixeron foi poñer unhas barreiras para evitar o paso pola zona afectada e botar un pouco de formigón na cuneta contraria”.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...