HomeDeportesA 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá de Monforte o 6...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá de Monforte o 6 de maio

A 4º Etapa de La Vuelta Femenina sairá da Compañía en torno ás 14.15 horas e continuará polo Cardenal, Avenida de Galicia, Ronda María Emilia Casas Baamonde, Doctor Casares e Morín. A proba percorrerá unha distancia de 115 km pasando por Sarria, Láncara, O Páramo, Portomarín, Ventas de Narón, Taboada e Monterroso ata chegar a Antas de Ulla.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte vén de presentar a 4ª Etapa de La Vuelta Femenina 26 by Carrefour.es que sairá de Monforte o vindeiro mércores 6 de maio e percorrerá o centro urbano desde a Compañía ata o Morín. Unha “moi boa noticia para Monforte, que volverá ser protagonista no panorama nacional e internacional a través dun deporte competitivo e de alto rendemento como é o ciclismo, que conta cunha gran afección a nivel mundial”, apuntou o rexedor local, José Tomé. Nesta ocasión, a través “dunha das grandes citas do ciclismo feminino en todo o mundo, e que reunirá ás mellores corredoras do ámbito internacional”.

Monforte xa foi sede o 7 de setembro de La Vuelta na modalidade masculina, xornada na que a cidade acolleu con gran éxito a chegada da Etapa número 15. “Esta é a 5ª vez que La Vuelta ten saída ou chegada en Monforte”, o que supón que “de media, cada 2 anos temos un evento relacionado con La Vuelta, cousa que poucas cidades poden dicir”, sinalou o alcalde.

A carreira terá unha cobertura mediática que chegará a 190 países, con retransmisión en canles como RTVE e Eurosport, e cun importante despregue de medios de comunicación nacionais e internacionais. Agárdase a presenza ‘in situ’ de xornalistas especializados de 9 nacionalidades: Brasil, Francia, Italia, Colombia, República Checa, Portugal, Países Baixos, Polonia e España.

O alcalde puxo tamén en valor o importante “impacto” que terá este evento na economía local, xa que a presenza de equipos, organización, medios e afeccionados “contribuirá a dinamizar sectores clave como a hostalaría, o comercio e o turismo”. O alcalde quixo destacar a colaboración do Equipo de Goberno coa organización de La Vuelta, especialmente co seu Director Javier Guillén, que agradeceu a relación co concello.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...