HomeCulturaA escritora de Paradela, Estefanía Padullés, presenta este 10 de abril en...

A escritora de Paradela, Estefanía Padullés, presenta este 10 de abril en Monforte a súa primeira novela

A autora de Paradela recoñecida pola súa traxectoria na literatura infantil, estará este venres, 10 de abril, ás 20.00h na Librería Agrasar con 'Memoria de sombra e bosque' o seu primeiro libro para adultos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estefanía Padullés (Vilada, 1978) dá un xiro á súa carreira literaria. Tras consolidarse como unha voz de referencia no álbum ilustrado e a narrativa para primaria con títulos como Leopoldo, el pequeño monstruo ou La yegua de Breogán, a autora afincada no rural galego estréase no xénero da novela con «Memoria de sombra e bosque» (Hércules de Edicións).

A obra preséntase este venres, 10 de abril, ás 20.00 horas na Libraría Agrasar de Monforte de Lemos (Rúa Cardenal, 38). No acto, Padullés estará acompañada por Miriam Rodríguez Vázquez, mestra vinculada ao ámbito das bibliotecas e o fomento da lectura. Licenciada en Bioloxía e con experiencia previa na conservación de fauna, Padullés envorcou neste libro a súa estreita relación coa natureza, que actúa como unha testemuña silenciosa e salvaxe da trama. Esta novela é tamén unha homenaxe privada á lectura como ferramenta para comprender as emocións e o mundo que nos rodea.

Tras pasar por escenarios como Sarria, Lugo e A Coruña, a autora recala agora en Lemos para compartir cos lectores esta transición literaria que promete non deixar indiferente a quen se penetre no seu bosque particular. Para dotar á historia de veracidade, a escritora documentouse en casos reais de mozos internados en centros de menores. O obxectivo, segundo explica a propia autora, é ofrecer un retrato honesto que reivindique a dignidade destes adolescentes a pesar das difíciles circunstancias que lles tocou vivir.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...