HomesociedadeChantada acolle as primeiras Olimpíadas Galegas do envellecemento saudable

Chantada acolle as primeiras Olimpíadas Galegas do envellecemento saudable

‘Todas as persoas contan, todas as idades suman’, é o lema deste encontro deportivo que terá lugar o 19 de setembro e que aposta por situar ás persoas maiores como referentes

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este xoves tivo lugar en Chantada a presentación das I Olimpíadas do Envellecemento Saudable, que promoven a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeraitría, o Concello de Chantada, iNNOHEROICA e o Club Peña Saltasebes Chantada. A cita desenvolverase o 19 de serembro.

Da presentación destas primeiras Olimpíadas participaron o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela,  a concelleira de Deportes, Xuventude e Educación, Belen Vázquez, o presidente de  la Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, José María Faílde, o vicepresidente de la SGXX, José Ramón Martínez, o xefe do Servizo Provincial de Deportes, Manolo Cadramón e o director de iNNOHEROICA, Miguel Carbonell.

Baixo o lema ‘Todas as persoas contan, todas as idades suman’, estas primeiras Olimpíadas do Envellecemento Saudable son un evento lúdico, deportivo, cultural e comunitario que promove a actividade física, o benestar integral e a participación social ao longo de todo o curso de vida.

As actividades inclúen tres probas deportivas: Resistencia (Carreira sobre asfalto 3 km),  Forza (Lanzamento de Peso); e Velocidade (Carreira de Cros 200 metros); dúas probas cognitivas (xadrez e dominó); e diferentes actividades para potenciar as relacións sociais e interxeracionais.

Presentación primeiras Olimpíadas Galegas do envellecemento saudable / Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeraitría

É a primeira vez que se organiza un evento destas características tanto en Galicia como noutras comunidades. O principal obxectivo é dar visibilidade ás persoas maiores como referentes activos e competentes dentro dunha comunidade diversa. O evento inclúe unha serie de actividades adaptadas a distintos niveis funcionais, abertas á participación de persoas de todas as idades interesadas en gozar da actividade física nunha contorna social e colaborativa.

A I edición das Olimpíadas do Envellecemento Saudable terá lugar o 19 de setembro no municipio e vila de Chantada, un espazo paisaxístico e cultural de gran valor.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...