HomeDeportesA XIII Subida a Taboada dos días 25 e 26 de abril...

A XIII Subida a Taboada dos días 25 e 26 de abril abre o calendario do Campionato Galego de Montaña

A Escudería Taboada e o Concello de Taboada reforzan a dimensión social da proba con iniciativas como o deseño do cartel de presentación por dúas alumnas do CPI San Tomé do Carballo ou a colaboración coa iniciativa RevÉLAte, dedicada a sensibilizar sobre a Esclerose Lateral Amiotrófica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estes venres presentouse a XIII Subida a Taboada, que se celebrará o 25 e 26 de abril. A proba organizada pola Escudería Taboada e polo Concello de Taboada, abrirá o calendario do campionato galego de Montaña. A Subida manterá o trazado habitual, nun treito da estrada LU-611, con saída no Cruce das Seixas e chegada en Taboada, na que os pilotos terán que realizar catro pasadas cronometradas.

Efrén Castro reafirmou durante o acto, “o compromiso da Vicepresidencia da Deputación coa proba” e valorou “o traballo realizado desde a Escudería Taboada e desde a área de Deportes do Concello de Taboada para recuperar esta Subida e a aposta por afondar na implicación da veciñanza na carreira”

O concelleiro de Deportes, Cultura e Medio Rural de Taboada, Manuel Diéguez, subliñou que “a Subida se converteu nunha cita ineludibel no noso calendario deportivo” e valorou que a Subida pon a Taboada no mapa do deporte galego. Confirmou ademais que a inscrición dos pilotos da Escudería Taboada será financiada polo Concello de Taboada.

A colaboración da Vicepresidencia da Deputación coa Subida a Taboada encádrase na rede de apoio ao automobilismo que se ofrece desde a entidade provincial con achegas e colaboracións cos rallys de asfalto e montaña que se celebran nas distintas comarcas e cunha convocatoria de subvencións específica para pilotos de rally, cun importe total de 45.000 euros, que se publicará a vindeira semana no BOP.

Subida a Taboada 2026 presentación / Vicepresidencia Deputación

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...