HomesociedadeDo 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

O Foro nace cun propósito claro: converter o rural nun espazo de prosperidade, impulsando procesos reais de cambio a través do coñecemento, a colaboración e a xeración de propostas concretas. Un rural que fala por si, os verdadeiros axentes do cambio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas, os días 17, 18 e 19 de abril, consolidándose como o principal espazo de encontro para os axentes que están a impulsar a transformación do medio rural. Séguese consolidando como espazo de encontro: un lugar onde o rural se proxecta con estratexia, activando a transformación a través dos verdadeiros axentes do cambio. Este proceso de escoita, deseñado desde o propio rural, busca xerar alianzas, compartir coñecemento e promovendo cambios regulatorios que contribúan á prosperidade do rural.

A finais do pasado ano constituíase o Comité Organizador con Marcos Pérez (Fundación Galicia Sustentable), Cristina Fernández-Armesto (Casa Grande de Xanceda), Xosé Lois Lamazares (Daveiga), Jesús Mazaira (Airas Moniz), David Sueiro (Gallo Celta), Nuria Varela-Puertas (Pazo de Vilane), Miriam Pérez (Galería Vilaseco) e José Manuel Andrade.

O Foro comeza o venres 17 cunha serie de sesións de traballo cos expertos invitados para xerar un documento base de propostas estruturadas, que servirá como punto de partida para o foro público. O sábado 18, os asistentes invitados terán o privilexio de escoitar as reflexións e aprender directamente do profundo entendemento do medio rural que achegarán expertos da talla do escritor e comunicador Emilio del Río ; o xornalista Manuel Campo Vidal; o politólogo Manuel Mostaza; a fundadora de Pazo de Vilane, Nuria Varela-Portas; Lucías Castro, xerente de Datalife, Hub de Innovación Dixital das PEMES Rurais; ou as novas granxeiras Lucía Martínez, Lucía López e Rocío Vázquez, que representan o futuro dun rural que xa está aquí.

O Foro Rural Sustentable é un evento da Fundación Galicia Sustentable impulsado por grandes compañías ligados ao sector primario axentes da sociedade civil para favorecer o encontro de ideas e propostas que proveñen directamente de iniciativas que están a realizar unha contribución á sustentabilidade do rural. Trátase dun evento de carácter anual que reúne a expertos, profesionais, investigadores, empresarios e representantes da sociedade civil para discutir e promover a sustentabilidade do rural

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...