HomeEconomíaMáis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou o venres na apertura do evento Dinamización do emprendemento hostaleiro a través da formación especializada, organizado desde o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a creación dunha ducia de empresas no marco das preto de 1.300 iniciativas asesoradas pola Rede de Polos no conxunto da provincia de Lugo, nun total de cinco oficinas que se sitúan a maiores na Fonsagrada, Friol, Mondoñedo e Sarria.

O equipo técnico do Polo monfortino realizou máis dun milleiro de sesións de titoría coas persoas emprendedoras que acudiron ás instalacións (un 51 % delas, mulleres), destacando cun 20 % os negocios do sector da hostalaría.

Precisamente na actividade de Dinamización do emprendemento hostaleiro a través da formación especializada, abordouse o emprendemento hostaleiro, contando con testemuños da contorna tanto do eido emprendedor como do formativo co fin de compartir experiencias e xerar sinerxias.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...