HomePolíticaPor Chantada lamenta que o PP votara en contra de establecer bonificacións...

Por Chantada lamenta que o PP votara en contra de establecer bonificacións sociais no IVTM para persoas con discapacidade e as súas coidadoras

A proposta que Por Chantada levaba a pleno contemplaba a introdución dunha bonificación do 100% no imposto sobre vehículos de tracción mecánica para persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e para aquelas que exercen labores de coidado, recoñecendo así o esforzo económico e persoal que asumen no seu día a día

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A moción, que presentou Por Chantada, basébase na posibilidade legal que teñen os concellos de introducir bonificacións de carácter social no IVTM, ao abeiro da normativa estatal, e seguía exemplos xa aplicados noutras administracións locais. A proposta incidía, asemade, na realidade dun concello como Chantada, con 36 parroquias e importantes carencias en transporte público, onde o uso do vehículo é fundamental para acceder a servizos sanitarios, sociais e asistenciais.

Desde Por Chantada subliñan que o obxectivo da iniciativa era avanzar cara a unha fiscalidade máis xusta e recoñecer o papel das persoas coidadoras, que asumen unha carga física, emocional e económica significativa. “A mobilidade é esencial para garantir unha vida digna, especialmente no rural. As persoas coidadoras fan un labor imprescindible e o mínimo é que a administración lles facilite a súa tarefa”, sinala o voceiro, Antom Fente. Para Por Chantada – Interior Galego Vivo, o rexeitamento desta moción supón “perder unha oportunidade de adoptar unha medida socialmente xusta, legalmente viábel e cun impacto directo na vida das familias”.

A formación insiste en que seguirá defendendo propostas que melloren as condicións de vida da veciñanza e reclama ao goberno local “máis coherencia entre o que se di e o que se vota”. Lembran desde Interior Galego Vivo, que recentemente impulsaron as I Xornadas da comunidade centradas na cuestión migratoria e insisten na importancia dos coidados e nas deficiencias da rede pública neste campo. De feito, entre as conclusiós considérase esencial reivindicar e dignificar os traballos de coidados, “como os intrinsecamente esenciais para a vida, esixindo a súa revalorización e o tratamento como servizo necesariamente público”.

ÚLTIMAS

Quiroga e Paradela na campaña Toponomízate deste ano

Nesta edición da iniciativa divulgativa, coordinada pola Real Academia Galega coa colaboración da Consellería...

OPINIÓN: Xenofobia ou fraude fiscal?

A polémica (parece que para algúns é o único obxectivo en política) xurdiu unha...

Quiroga será o primeiro municipio da provincia en contar cun mapa sociolingüístico escolar municipal

Henrique Monteagudo, José Luis Rivera Castro e Valentín García rubricaron o documento nun acto...

Imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

O Concello de Monforte de Lemos celebrou este luns pola tarde o Pleno extraordinario...