HomeDeportesCopa de España de Ciclismo BTT DH Molinos, este 26 de abril...

Copa de España de Ciclismo BTT DH Molinos, este 26 de abril no Páramo

As actividades comezarán o venres pola tarde coa revisión do circuíto. O sábado desenvolveranse os adestramentos oficiais e o domingo a partir das 10,30 horas disputaranse as carreiras

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta semana presentouse a proba ciclista da Copa de España de Descenso BTT DH Molinos, que se desenvolverá no Páramo este domingo, 26 de abril. Do acto participou o delegado territorial, Javier Arias, xa que a Xunta renova a súa colaboración co club DH Galicia para desenvolver unha das citas máis importantes do calendario nacional de BTT, que reunirá arredor de 200 corredores de diferentes categorías nun circuíto deseñado para ofrecer un alto nivel técnico e deportivo.

A proba está aberta ás categorías Infantil, Cadete, Junior, Sub-23, Elite e todas as Máster (masculinas e femininas).

O delegado destacou o respaldo do Goberno galego a todo tipo de iniciativas “que impulsen a actividade deportiva, dinamicen o territorio e poñan en valor o medio natural”. Salientou ademais o potencial do deporte para diversificar a oferta turística da zona e atraer visitantes durante todo o ano.

BTT Páramo presentación 2026 / Delegación territorial

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...