HomesociedadeUFD inviste 230.000€ na mellora a subministración eléctrica do Saviñao e Monforte...

UFD inviste 230.000€ na mellora a subministración eléctrica do Saviñao e Monforte de Lemos

A distribuidora eléctrica de Naturgy incluíu no seu plan de investimentos varias actuacións e iniciativas para potenciar as infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica nos concellos de Monforte de Lemos e O Saviñao

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

UFD levou a cabo diversas actuacións para reforzar a calidade e fiabilidade da subministración eléctrica na comarca de Lemos, cun investimento global próximo aos 230.000 euros. Estas melloras benefician aos municipios de Monforte de Lemos e O Saviñao. No municipio de Monforte de Lemos, a compañía executou unha actuación de ampliación de capacidade e optimización da fiabilidade da subministración na zona de Fabeiro.

Os traballos consistiron na instalación dun novo centro de transformación de 160 kVA, a incorporación dun sistema de telecontrol e a reordenación da rede de baixa tensión mediante o tendido de 1.500 metros de condutor subterráneo, cun investimento de 132.000 euros.

Pola súa banda, no concello do Saviñao, UFD optimizou a fiabilidade da subministración nas zonas de Escairón e Santalla. Neste caso, os traballos incluíron a adecuación do centro de transformación existente e a instalación de 1.300 metros de rede de baixa tensión subterránea, cun investimento de 97.000 euros.

Estas actuacións forman parte do compromiso de UFD coa mellora continua da rede de distribución eléctrica na provincia de Lugo, co obxectivo de garantir unha subministración máis segura, eficiente e de maior calidade para os veciños e a actividade económica da comarca. O delegado de UFD en Lugo, Jorge Mato, destacou que “estes investimentos permiten seguir avanzando na modernización da rede eléctrica na comarca de Lemos, reforzando a súa fiabilidade e adaptándoa ás necesidades actuais e futuras do territorio”. Presenza de UFD en Lugo e en Galicia

UFD, distribuidora eléctrica de Naturgy, xestiona na provincia de Lugo máis de 8.500 quilómetros de rede de baixa e media tensión, preto de 2.500 centros de transformación e dá servizo a máis de 88.000 puntos de subministración. En Galicia, dá servizo a case 1,6 millóns de puntos de subministración en 286 municipios das catro provincias galegas, a través dunha rede de máis de 61.000 quilómetros de liñas de alta, media e baixa tensión. A distribuidora eléctrica investiu 217 millóns en 2025 na dixitalización e mellora da súa rede e infraestruturas en Galicia, un incremento do 18% con respecto á media de investimento dos últimos cinco anos.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte demanda un plan urxente de mantemento de beirarrúas

A voceira popular, Katy Varela, sinala que, aínda que nos últimos anos se realizaron...

Arantza Portabales presenta “Asasinato no muíño do cura” este 25 de abril no Ateneo Casino de Monforte

A recoñecida escritora, Arantza Portabales, unha das voces máis consolidadas da novela negra en...

O Concello de Monforte incentiva o concurso de Maios e Coplas con 1.900 € en premios

O Concello de Monforte prepárase para a súa cita cunha das tradicións primaverais que...

Atopan o corpo do mozo desaparecido en kayak nos Peares

O cadáver foi detectado por un dron da Axencia Galega de Emerxencias (Axega). Tras o...