HomeDeportesA Carreira Popular de Monforte bate o seu récord de inscricións

A Carreira Popular de Monforte bate o seu récord de inscricións

Tras esgotarse o prazo para anotarse, o balance de inscritos é de 1.280, a cifra máis alta desde que no ano 2018 se rexistraran 1.291 corredores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A 26 edición da Carreira Popular de Monforte, que se celebrará este domingo 26 de abril a partir das 11.00 horas, alcanzou a cifra de 1.280 corredores e corredoras inscritas. Este dato fai que se supere a cifra de participación do ano 2018 que contou con 1.291.

“Nesta nova edición temos a cifra de participación máis alta desde a pandemia e prodúcese un salto cuantitativo moi importante respecto dos datos de 2025, xa que temos un aumento do 30% no listado de inscritos, o que fala moi ben da nosa carreira popular, sen dúbida, unha cita de referencia no calendario das carreiras populares galegas”, apuntou o Alcalde, José Tomé.

CORREDORES E PERCORRIDOS POR CATEGORÍAS

Mini (2022 e posteriores): 93

Prebenxamín (2019-2021): 250

Benxamín (2017-2018): 175

Alevín (2015-2016): 138

Cadete (2011-2012): 110

Absoluta (2010 e anteriores) 514

O evento, organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes, contará co seu tradicional percorrido de 10 quilómetros para a carreira absoluta, así como percorridos para as carreiras de categorías menores, en función da idade das persoas participantes.

A carreira absoluta, de 10.000 metros, discorrerá por un percorrido completamente urbano pasando polas rúas máis céntricas da cidade. Así mesmo, establécense catro probas dirixidas a menores, de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros. Todas elas terán saída e meta na Explanada da Compañía, a carón dos Escolapios.

HORARIOS DE SAÍDA
  • 11:00 h. MINI (2022 e posteriores).
  • 11:10 h. PREBENXAMIN (2019-2021).
  • 11:20 h. BENXAMIN (2017-2018).
  • 11:30 h. ALEVIN (2015-2016).
  • 11:40 h. INFANTIL (2013-2014) – CADETE (2011-2012).
  • 12:00 h. ABSOLUTA (2010 e anteriores).
Circuíto Proba Absoluta.
PREMIOS E DISPOSITIVOS DE TRÁFICO

Pode accederse a esta información dende a páxina web do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...