HomesociedadeO Concello de Taboada adquire os terreos para o Paseo da Medela...

O Concello de Taboada adquire os terreos para o Paseo da Medela e prevé rematar a obra en outubro

O Paseo da Medela será unha senda peonil e ciclable pavimentada, de 1,25 km de longo e 2 metros de largo, con bancos, iluminación e unha pequena área de descanso, vedada á circulación de vehículos a motor. O Paseo incluirá dous cruzamentos osbre a estrada, con pasos de peóns e redutores de velocidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Taboada adquiriu a superficie necesaria para executar as obras do Paseo da Medela, nun acto de sinatura ante notario que tivo lugar o 23 de abril, na Casa do Concello. O tenente de alcalde, José Portela, pon en valor as negociacións levadas a cabo ao longo dos pasados meses, que permitiron adquirir os terreos sen ter que recorrer á expropiación, implicando a 18 propietarios.

A adquisición destes terreos permitirá dar inicio ao proceso de licitación das obras, que deberán estar totalmente executadas antes do mes de outubro deste ano. O financiamento foi conseguido a través dun convenio de colaboración coa Deputación de Lugo, que achegou 318.000€ para o Paseo e outras intervencións no campo de fútbol e a piscina.

Portela agradeceu a disposición dos propietarios,“xestos como os seus demostran o seu compromiso co benestar e o futuro do noso pobo”. Igualmente, sinalou que “despois dun cuarto de século de estancamento do proxecto, este ano agardamos poder executar a obra e converter o paseo nun espazo de desfrute e relación veciñal”.

O tenente de alcalde destaca a complexidade deste proxecto “impulsado na súa práctica totalidade durante este mandato, tendo que comezar de novo co proceso de adquisición de terreos e escrituración de permutas anteriores. A maiores, as xestións para elaborar o proxecto e conseguir financiamento”.

O Paseo da Medela será unha senda peonil e ciclable pavimentada, de 1,25 km de longo e 2 metros de largo, con bancos, iluminación e unha pequena área de descanso, vedada á circulación de vehículos a motor. O Paseo incluirá dous cruzamentos sobre a estrada, con pasos de peóns e redutores de velocidade. A obra permitirá unir de forma segura e sustentable o centro urbano de Taboada, desde a rúa das Ínsuas, á área recreativa da Medela, nun traxecto moi frecuentado por persoas de todas as idades, especialmente no período do verán.

José Portela, mostra a súa satisfacción pola realización deste primeiro paso do Paseo da Medela, “que desbloqueará un proxecto estratéxico para o goberno local e un proxecto tamén moi demandado pola veciñanza”.

Presentación proxecto Paseo da Medela, José Portela / Concello de Taboada

ÚLTIMAS

Chantada pon en valor as súas máis de 35 hectáreas de zonas verdes nunha nova edición de Vilas en Flor

O xurado do certame vén de visitar Chantada para coñecer os avances levados a...

Monforte recolleu 7.550 toneladas de lixo no 2025

A fracción do residuo clasificado como ‘resto’ é a de maior peso, con 6.680...

O PP de Monforte considera “un anuncio propagandístico” que Tomé comece agora a tramitación do PXOM

O PP de Monforte asegura que considera necesario o Plan Xeral de Ordenación Municipal...

Iniciativas do Xeoparque Montañas do Courel para impulsar a normalización do galego

Esta iniciativa, impulsada conxuntamente polos tres concellos que integran o Xeoparque —Ribas de Sil,...