HomePolíticaIago Bande, elexido candidato do BNG en Láncara e Ana Pontón presenta...

Iago Bande, elexido candidato do BNG en Láncara e Ana Pontón presenta este venres ao candidato monfortino

Este venres, 15 de febreiro, ás 20:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Monforte, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presenta ao candidato á alcaldía Emilio J. Sánchez.

Publicado o

- Advertisement -

O BNG vén de presentar ao candidato á alcaldía no concello de Láncara. Mantense Iago Bande, actual voceiro do BNG na corporación. “Estamos recibindo mostras de apoio porque se percibe ao BNG como unha forza renovada, en claro ascenso, cun proxecto para Láncara e temos o respaldo de moitos anos de traballo serio e rigoroso” dixo Iago Bande.

O BNG presentará unha candidatura que sufrirá poucos cambios respecto os anteriores procesos electorais, xa que como di o candidato “o Bloque en Láncara ten un equipo consolidado, con capacidade de asumir as tarefas de goberno e estar a altura do que esperan os nosos veciños”.

Presentación candidato BNG Monforte

O candidato á alcaldía polo BNG no Concello de Monforte, Emilio J. Sánchez, será presentado, este venres, pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. Participarán tamén, a parlamentaria por Lugo, Olalla Rodil, o responsable comarcal do BNG, Ricardo Rodicio.

O acto será aberto e celebrarase o venres, 15 de febreiro, ás 20:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Monforte. O BNG presentase “coas ideas claras” e “cun programa de goberno para devolverlle a ilusión a Monforte”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...