HomeDeportes1.280 participantes na Carreira Popular deste domingo en Monforte

1.280 participantes na Carreira Popular deste domingo en Monforte

O evento repartiu 1.200 euros en premios entre os mellores da Carreira Absoluta e trofeos conmemorativos para os mellores clasificados/as de cada unha das categorías, excepto na Mini, na que todos/as os/as participantes recibiron unha medalla e unha bolsa de lambetadas

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Centos de corredores encheron na mañá deste domingo as rúas da cidade do Cabe coa celebración da XVI Carreira Popular de Monforte, un evento de referencia no calendario galego das carreiras populares. Este ano acadou unha inscrición de 1.280 participantes, a cifra máis numerosa desde 2018 e un 30% máis alta que en 2025.

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, foi o encargado de dar o bucinazo de saída ás 12.00 horas, e de entregar os trofeos, xunto con outros membros do Equipo de Goberno, aos mellores clasificados en cada categoría. O tempo acompañou desde primeira hora da mañá e permitiu unha animada celebración deportiva que se desenvolveu sen incidencias. Ás 11.00 horas arrancou o evento coa carreira da categoría Mini, na que participaron menores nacidos en 2022 e anos posteriores con 93 inscritos. Os máis cativos fixeron un percorrido de 80 metros e remataron con éxito o circuito. O Alcalde felicitou a cada un deles e entregoulles unha medalla e una bolsa de lambetadas a cada un deles pola súa participación.

Así, e forma progresiva, foron correndo as seguintes categorías, ás 11.10 horas saíron os PREBENXAMIN (2019-2021), con 250 inscritos. Vinte minutos despois foi a quenda dos BENXAMIN (2017-2018), con 175 dorsais. En torno ás 11.30 horas saíron os da categoría ALEVIN (2015-2016), que acadou unha inscrición de 138 participantes, e ao remate desta carreira arrancaron os INFANTIL (2013-2014) e CADETE (2011-2012), con 110 inscritos. Estas probas, en función das idades tiveron un percorrido de 700, 1.300 e 2.000 metros. Todas con saída e meta na Explanada da Compañía, a carón dos Escolapios.

As diferentes probas desenvolvéronse con normalidade e moita animación por parte do público, que ateigou as rúas da Compañía e do centro urbano para animar aos deportistas. Ás 12.00 horas do mediodía arrancou a Carreira Absoluta, na que se inscribiron 514 corredores. O percorrido, de 10.000 metros, transcorreu polas rúas máis céntricas da cidade con saída da Praza da Compañía para continuar por Paseo de Lugo – Carude – San Lázaro – Reboredo – Dalmiro de La Válgoma – Escultor Francisco Moure – Rúa Sarria – Avenida de Galicia – Rúa Hortas – Rúa Dr. Casares – Paseo do Malecón – Ponte Vella – Rúa Antonio Méndez Casal – Praza Campo de San Antón – Rúa Ourense – Avenida de Galicia – Rúa Cardeal –  Escultor Francisco Moure e regreso á Praza da Compañía. Este percorrido ten 5 km, polo que os corredores e corredoras tiveron que dar dúas voltas.

Carreira Popular 2026 A Gándara / Concello de Monforte

Premios Carreira Absoluta

Absoluta masculino

  • Carlos López Moral
  • Esteban Iglesias Vila
  • Daniel Murado

Absoluta feminina

  • Leyla Villar Abella
  • María Cedrón
  • Begoña Domínguez Montes

Por Equipos, o gañador foi A Gándara.

Para consultar a lista completa de resultados nas diferentes categorías, así como a clasificación e tempos da carreira, o Concello dispón dunha páxina web na que se ofrece a información íntegra do evento coas diferentes categorías: https://monforte10k.com/.

ÚLTIMAS

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...

As emerxencias sanitarias protagonizan o Faladoiro deste mércores en Quiroga

Xosé Ferrín, orixinario de Carballo de Hospital, leva traballando nas emerxencias sanitarias dende o...

7.600 persoas dependentes benefícianse na provincia de Lugo do Bono Coidado

O PPdeG destacou a boa acollida que o Bono Coidado no Fogar está a...