HomesociedadeComezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de mellora na estrada provincial LU-P-4905, que conecta os concellos de Portomarín e Taboada. Cun investimento de 238.000€ actuarase en 10,5 quilómetros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo municipal de Portomarín, e conta cun prazo de execución estimado de mes e medio desde o comezo dos traballos. A empresa Construcciones y Obras Taboada Ramos SLU é a encargada de levar a cabo as obras, que inclúen a reapertura de cunetas, o saneo da explanada e a renovación do firme mediante pavimentación, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e as condicións de circulación neste treito da rede provincial.

Esta intervención dá continuidade a un proxecto anterior de mellora da mesma vía, que afectou ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos, cun investimento de 200.000 euros. Co conxunto destas actuacións, a Deputación de Lugo completará a renovación integral da estrada LU-P-4905.

A actuación mellora a mobilidade da zona, xa que esta estrada é a principal vía de comunicación entre Portomarín e Taboada e dá servizo directo a numerosas parroquias do seu ámbito de influencia. A súa mellora permitirá facilitar os desprazamentos cotiáns da veciñanza, incrementando a seguridade viaria e contribuíndo á mellora da conectividade e da cohesión territorial.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...