Axentes da Garda Civil detiveron un home como suposto autor dun delito de lesións, despois de agredir a outros dous individuos que coñecía e cos que tiña discrepancias previas.
Segundo informaron fontes da Comandancia de Lugo e do CIAE 112 Galicia, os feitos ocorreron primeiras horas da mañá deste domingo. Sobre as 8.00 horas, os servizos de Emerxencias recibiron a chamada dun particular que solicitaba asistencia para un varón que estaba sangrando e que fora agredido na Avenida de Monforte. O 112 alertou Urxencias Sanitarias-061 e a Garda Civil.
Efectivos do Instituto Armado acudiron ao lugar e alí detiveron o presunto autor da agresión, que tamén causara lesións a outro individuo. Segundo trasladou a Garda Civil, agresor e vítimas coñecíanse; os feridos foron evacuados a un centro hospitalario.

