HomeDeportesO marchista taboadés, Alberto Fidalgo, campión de Europa

O marchista taboadés, Alberto Fidalgo, campión de Europa

O pasado sábado, 2 de maio, subiu ao máis alto do podio na categoría M35 nunha proba celebrada en Catania, Italia.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Alberto Fidalgo vén de rivalidar o título de campión de Europa de Marcha Nórdica na categoría M35 obtido no 2024 na cidade de Porto Santo, en Portugal. Nesta ocasión a competición celebrouse en Italia, na localidade de Catania, o pasado sábado 2 de maio.

Segundo explica o taboadés, que participaba como independente, “tras unha carreira moi brusca de inicio, e sobre un circuíto moi duro polas zonas de area de praia e terra solta, completei os 10 quilómetros de proba a moi bo ritmo ata cruzar a liña de meta como primeiro”.

Alberto Fidalgo nun momento da proba de Marcha Nórdica. Foto cedida por el.

Deste xeito, Fidalgo sumou un ouro para a representación española e para o seu medalleiro particular.

ÚLTIMAS

O Concello de Chantada mellora a limpeza das beirarrúas

O Concello de Chantada a través da concellaría de Infraestruturas Urbanas coordina o comezo...

Sarria Bikers, a concentración moteira de Sarria celébrase do 15 ao 17 de maio

A Xunta renova o seu apoio á concentración moteira organizada polo club Sarria Bikers,...

Narración oral e homenaxe aos ‘Cómicos de Salcedo’ na Pobra do Brollón

O sábado 16 de maio a Casa da Cultura 'Olga Novo' acollerá ás 20:00...

“Luz de Fada”, a proposta dunha veciña do Saviñao anunciará as Patronais de Monforte

A proposta gañadora foi escollida entre un total de 40 traballos presentados, o dobre...