Reunión da presidenta da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, e representantes dalgúns municipios da mesma, co presidente do centro galego na República Dominicana, D. Antonio Sánchez para explorar vías de colaboración para promover o Camiño de Santiago Francés entre os habitantes desta illa.
“A República Dominicana, ata hai poucos anos era un país asociado ao turismo barato e cun limitado desenvolvemento económico, pero nos últimos anos sufriu unha transformación que a converteu nun país atractivo para investimentos extranxeiros que fixo da súa economía, unha das máis estables de América Latina”, afirman dende a Mancomunidade xustificando o interese do encontro para amosar o atractivo deste itinerario xacobeo en paises onde non se coñece.
“Queremos que o Camiño Francés siga sendo a principal vía xacobea, así que non só imos promocionar o noso Camiño en países que xa envían peregrinos, senon que imos dar un paso máis, e ensinar todo o noso potencial alá onde non se nos coñece”, afirmaba Begoña Balado, Presidenta da Mancomunidade.

