HomesociedadeA conselleira de Medio rural pon en valor o operativo de rescate...

A conselleira de Medio rural pon en valor o operativo de rescate das vacas que se precipitaron por un barranco en Taboada

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou este mércores a gandaría Cadahías de San Julián, á que pertencen ás xovencas que a semana pasada se precipitaron por un barranco da beira do Miño

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A conselleira trasladou o seu apoio aos gandeiros desta granxa que “viviron momentos complexos”, e puxo en valor o operativo de rescate, no que cooperaron medios locais e autonómicos. O Goberno autonómico colaborou no operativo con varios efectivos, dependentes tanto da Consellería do Medio Rural como da de Presidencia, Xustiza e Deportes (como a Axega ou a UPA). Neste sentido, María José Gómez fixo referencia ao persoal do Servizo de Prevención e defensa contra os Incendios Forestais (SPIF); así como aos servizos veterinarios, que tamén participaron no rescate. Tamén se coordinou a participación dun helicóptero do 112 de Asturias, en virtude dos protocolos de colaboración existentes con dita comunidade limítrofe para cooperar nas tarefas relativas ás emerxencias. Neste sentido, Gómez destacou que o éxito deste tipo de operacións poñen de relevo a importancia do traballo conxunto entre Administracións. 

A conselleira salientou tamén o importante labor que desempeñan as explotacións agrarias e gandeiras, na medida en que representan “territorio traballado e actividade no territorio” que contribúen a soster. Destacou tamén o esforzo de todos os medios e persoal mobilizados nun rescate “que parecía imposible, nunha zona complicadísima” e celebrou que agás unha, as demais reses foran rescatadas en boas condicións.

Para finalizar reafirmou o compromiso do Executivo galego a prol do sector primario con achegas ordinarias, como a liña convocada anualmente para favorecer a remuda xeracional; a posta a disposición do sector de créditos favorables a través do Instrumento Financeiro ou co apoio directo aos gandeiros en situacións extraordinarias como a vivida pola gandaría Cadahías de San Julián.  

Conselleira Medio Rural explotación vacas Taboada / Consellería Medio Rural

ÚLTIMAS

Castro Caldelas convértese no epicentro da cultura galega

O acto de celebración dos 798 anos do Foro do Bo Burgo comezará ás...

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...