HomeCulturaMonforte recibe a primavera coa celebración dos Maios e 19 participantes

Monforte recibe a primavera coa celebración dos Maios e 19 participantes

O Concello de Monforte de Lemos celebrou este 7 de maio o tradicional Concurso de Maios e Coplas, una xornada festiva que celebra a entrada da primavera e na que o tempo acompañou. A celebración tivo lugar na Praza de España desde as 17.30 horas, onde se foron concentrando os maios logo de percorrer as rúas da cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A esta nova edición do concurso presentáronse 16 maios, 12 na categoría de maios colectivos e particulares, e 4 na de maios elaborados nos centros de ensino. O certame completouse co concurso de Coplas, no que se inscribiron 3 grupos. “Un éxito de participación, con  19 inscritos, a cifra máis alta dos últimos anos”, destacou o rexedor, José Tomé.

O concurso, ao que se destina unha partida de 1.905€, divídese en dúas modalidades: Maios, na que se reparte una contía total de 1.500€, e Coplas, cunha dotación de 405€.

Maios 2026 / Concello de Monforte

Premios do Concurso de Maios

O xurado valora a imaxinación, a idea, a estética, a orixinalidade, a elaboración das pezas, os materiais utilizados, e a calidade. Os premios, por modalidades, son os seguintes:

ASOCIACIÓNS, COLECTIVOS E PARTICULARES

  • 1º premio 200€: Agora Centro Ocupacional. “Agora asómate á fiestra”
  • 2º premio 150€: Geriatros Monforte
  • 3º premio 100€: Carlos Somoza González. “O cantar do paporrubio e o espertar do Marroxo”.
  • Accésits 75€ cada un (concedéronse 6): Provivenda, Bruno Manodal Blasco, Abril Blanco Rajo, Afamón Monforte e Liliana Rajo López.

CENTROS DE ENSINO

  • 1º premio 200€: CEIP Plurilingüe Monforte de Lemos. “A Galiña”
  • 2º premio 150€: Colexio Ferroviario. “Paleta de cores, primavera de flores”.
  • 3º premio 100€: CEIP A Gándara. “Maio con emoción”.
  • Accésits 75€: Fundación Torre de Lemos.

Concurso de Coplas

Neste caso, os membros do xurado valoran a interpretación das coplas, a posta en escena, a imaxinación, a idea, a orixinalidade, os instrumentos musicais utilizados e o número de compoñentes. Estes son os premiados:

  • 1º premio 100€: CEIP A Gándara. “Coplas dende A Gándara”.
  • 2º premio 75€: CEIP Plurilingüe Monforte de Lemos. “Coplas da Galiña”
  • 3º premio 50€: ANPA Fundación Torre de Lemos. “O cantar do paporrubio e o espertar do Marroxo”  

Tomé Roca celebrou a gran participación tanto no concurso como entre o público e destacou a calidade das pezas presentadas: “Os participantes deben estar moi orgullosos das obras presentadas, xa que todas demostran un gran e traballo e orixinalidade, por iso desde o Concello de Monforte queremos premiar o esforzo tanto na elaboración dos maios como na composición das coplas”.

Maios 2026 / Radio Monforte

ÚLTIMAS

Castro Caldelas convértese no epicentro da cultura galega

O acto de celebración dos 798 anos do Foro do Bo Burgo comezará ás...

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...