HomesociedadePantón comeza a súa XXXI Feira do Viño con servizo de bus...

Pantón comeza a súa XXXI Feira do Viño con servizo de bus con Monforte e Escairón e preparados por se chove

A cita mantén a estrutura de celebración da última edición, séguese con 3 días de festa, ampliando ao venres e mantéñense as actividades vinculadas co viño que se iniciaron o ano pasado con sesión de cata maridaxe “Sabores da Ribeira Sacra” o venres, e a celebración o sábado da I Cata Popular da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Participan da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón 8 adegas: Alma das Donas, Casa Moreiras, Finca Míllara, Ciudaseis, Nogueiras, Saíñas, Don Ventura e Corzoás (Capilla desculpa a súa ausencia nesta edición por motivos persoais). Na xornada do venres as casetas abriranse ás 19:00h e comezarase coa cata maridaxe, ás 20:30h será a inauguración a cargo do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

Programación XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

Venres, 8 de maio:

  • 19:00h Apertura das casetas no recinto feiral e cata maridaxe dirixida Diego e Guillermo Centeno Marquina (cociñeiros do restaurante Vértigo, en colaboración con Ana Sofía Emidio Martínez (sumiller do restaurante Vértigo) e Vinosacra
  • 20:30h Inauguración XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón por Javier Arias, delegado territorial da Xunta en Lugo
  • 20:40.- Actuación da charanga Louband.
  • 23:00.- Actuación do grupo musical Top Lider

Sábado 9 de maio:

  • 12:00.- 1ª Cata popular da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón no recinto feiral, en colaboración con Vinosacra. (primeira sesión).
  • 12:00h.- Actuación das Searas
  • 12:30h.- Sesións do Mago Antón (12.30/17:00/18:30)
  • 13:30.- Brinde do Viño, simultáneo en toda España, por mor do DÍA MOVEMENTO VIÑO D.O. Lugar: Campo da Feira.
  • 14:30.- IX Festa da Empanada, no recinto do Castro. Haberá á venda empanadas e produtos da terra.
  • 17:00.- 1ª Cata popular da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón no recinto feiral, en colaboración con Vinosacra. (segunda sesión)
  • 20:30.- Actuación da charanga Os Festicultores.
  • 23:00.- Música a cargo do grupo Claxon

Domingo 10 de maio:

  • 12:00.- Recepción de autoridades no recinto feiral.
  • 13:00.- Pregón da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón a cargo de don Luis L. Paadín, Enólogo e sumiller. Profesor de Análise Sensorial e Servizo, Técnico de Viticultura e Enoloxía (Universidade de Vigo). Lugar: Campo da Feira.
  • 17:30h.-Actuación Xograres de Lemos
  • 19:00.- Actuación da orquestra Gran Parada.

Para facilitar a participación da xente contarase con servizo de autobús con Monforte e Escairón.

O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, lembrou o carácter familiar da celebración e desexou unha boa climatoloxía para poder participar de todas as propostas da Mostra e desfrutar tamén dos recursos que o municipio ofece ao visitante, “temos as 3 ribeiras, a auga dos ríos e balneario, Augacaída, campo de golf, románico, paisaxe, tradición e moita festa de homenaxe ao viño durante 3 días”, aseguraba o alcalde.

ÚLTIMAS

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...

O Courel pedalea por Palestina

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da...

Premio ao mellor deseño para o IES Daviña Rey na ‘Liga Make Drone 2025-26’

O IES Daviña Rey vén de participar na "Liga Maker Drone", un encontro competitivo...

O rural galego como motor industrial a debate no encontro que Cesuga organizou en Sober

A cita que reuniu a unha ampla representación de persoas vinculadas coa empresa, institucións,...