HomeCultura"Juana I de Castilla", unha obra teatral da compañía rioxana 'Nueve Lunas Teatro'...

“Juana I de Castilla”, unha obra teatral da compañía rioxana ‘Nueve Lunas Teatro’ en Sarria

Levarase a escena este domingo 27 de setembro na Casa da Cultura da vila ás 20:00 h e chega da man do programa de intercambio cultural Camiño Escena Norte (CEN).

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A compañía rioxana Nueve Lunas Teatro trae a Sarria este domingo 27 de setembro a obra Juana I de Castilla despois de ter gozado da mesma xa onte sábado a veciñanza de Foz e contorna. A peza, dirixida a todos os públicos a partir de 8 anos e cunha duración de 55 minutos, aborda a figura histórica de Juana I desde unha perspectiva actual, combinando humor, música e ironía para tratar diferentes cuestións. Nas dúas citas, ao rematar, haberá encontro posfunción co elenco. 

SINOPSE

Dúas mulleres reais postas ao servizo da ficción: Juana, herdeira lexítima do trono dos Reis Católicos, e María Lara, doutora investigadora contemporánea. Un diálogo atemporal, un vínculo máxico ou talvez non tanto. Poderían ser amigas que se atopan onde non pasa o tempo ou, incluso, a mesma persoa. 

Entrelázanse en escena dous momentos da historia, deixando ao descuberto circunstancias que non cambiaron a pesar dos séculos que as separan. As dúbidas, o medo, a presión social, as mentiras, a ambición… Máis coñecida como a Tola, Juana resultou ser unha das monarcas máis cordas e preparadas para gobernar de toda a historia. E se non estaba tola?

A COMPAÑÍA: NUEVE LUNAS

Nueve Lunas Teatro é unha compañía da Rioxa liderada por Idoia Salguero, profesional escénica desde 2013, produtora e creadora de proxectos propios que combina a lixeireza formal con temas sociais. Un teatro íntimo e transformador que procura a conexión directa co público, apostando pola proximidade e a participación como motores da escena. As súas propostas son accesibles, de moito valor humano, cunha mirada comprometida e sensible.

CAMIÑO ESCENA NORTE

Camiño Escena Norte é unha iniciativa promovida polas propias asociacións profesionais de produtoras de artes escénicas Escena Galega (Galicia), EscenAsturias (Asturias), ACEPAE (Cantabria), Escena (Euskadi), ESNA (Navarra) e AEscena (A Rioxa). O programa mostra, desde a súa creación, parte da mellor produción escénica profesional dos seis territorios, con múltiples linguaxes, disciplinas e propostas estéticas que abranguen teatro, monicreques, ilusionismo, danza e artes do movemento e circo contemporáneo. Unha iniciativa que busca o intercambio cultural, artístico e creativo nun amplo territorio da xeografía do estado, concretamente nas comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e La Rioja. O devandito intercambio abre así ás portas a novas propostas alén dos marcos galegos e fai posible que o noso talento e creatividade chegue a máis público tamén.

ÚLTIMAS

O Camiño de Inverno e o ceo Starlight de Chantada danse cita o 9 de outubro na xornada Ceo no Camiño

A iniciativa que forma parte da actividade astroturística do Concello de Chantada está financiada...

Chantada comeza as obras de rehabilitación do edificio da Academia como nova Casa Consistorial

Este luns, 5 de outubro, asinouse a acta de replanteo que permitirá comezar coas...

Este xoves, 8 de outubro, comeza no Multiusos de Monforte a programación teatral do último trimestre

O concello de Monforte presenta unha completa programación teatral deseñada desde a Concellería de...

Éxito organizativo e de participación na primeira edición da ‘Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel’

O pasado sábado, 3 de outubro, celebrouse a primeira edición da Nocturna do Xeoparque...