HomesociedadeXXXVI Mostra Agro-Gandeira do San Isidro en Sarria

XXXVI Mostra Agro-Gandeira do San Isidro en Sarria

Celébrase esta fin de semana, 9 e 10 de maio, e contará con poxa e subasta de xovencas, a VI Feira Cabalar, o I Gran Premio de Habilidade Tractorista e actuacións de música tradicional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria converterase na capital agro-gandeira de Galicia estes días coa celebración da edición 36ª do evento que honra ao San Isidro ao tempo que enxalza o agro e a gandeiría con diferentes actividades.

O sábado 9 de maio será a inauguración, no Campo da Feira ás 10:00 h tendo lugar ás 12:00 a primeira poxa e subasta de xovencas frisonas da fin de semana. A esta mesma hora haberá unha actuación de música tradicional a cargo da entidade local Meigas e Trasgos.

Xa pola tarde, ás 16:30 h, VI Feira Cabalar con exemplares de pura raza Cabalo Galego. Neste evento farase ademais o concurso morfolóxico de cabalos Pura Raza Galego puntuable para a XXV Copa Galicia de equinos autóctonos.

Ás 18:00 h, e seguindo no mundo do cabalo, desenvolverase un espectáculo de doma de alta escola con cabalo; e ás 19:30 h os amantes dos coches clásicos poderán ver o final do IV Rally “Vila de Sarria”.

Como fin de festa para este sábado, ás 20:00 h está programada unha pancetada e baile amenizado polo dúo ‘La hora bruja’ no Campo da Feira.

A programación para o domingo 10 comezará ás 10:00 h tendo lugar ás 12:00 outra poxa e subasta de reses de Rubia Galega (ACRUGA). A esa mesma hora, música tradicional a cargo da Asociación Peleiriños e ás 13:00 h pasarrúas e concerto da Banda de Música da Comarca de Sarria.

Como novidade este ano organizarase o I Premio de Habilidade Tractorista. Ás 12:30 h farase a 1ª manga e ás 17:00 a segunda e a final.

ÚLTIMAS

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...

O Courel pedalea por Palestina

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da...

Premio ao mellor deseño para o IES Daviña Rey na ‘Liga Make Drone 2025-26’

O IES Daviña Rey vén de participar na "Liga Maker Drone", un encontro competitivo...