HomePolíticaPor Chantada solicita ao concello que mellore 3 miradoiros do municipio

Por Chantada solicita ao concello que mellore 3 miradoiros do municipio

Por Chantada.- Interior Galego Vivo solicita ao concello que se actúe nos miradoiros de Sernande, Terra Branca e Líncora, así como na pista municipal que dá a este último "que se encontra moi deteriorada e leva anos sen mantemento".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo Por Chantada o miradoiro de Sernande presenta “un estado de descomposición avanzado, con zonas completamente descalzadas e risco real de colapso estrutural, o que supón un perigo para a seguridade das persoas”. Reclaman ao concello o feche urxente ao público até que se acometan as actuacións necesarias para a súa restauración e se garanta a integridade física dos visitantes.

Aseguran que os miradoiros de Líncora e Terra Branca amosan tamén falta de mantemento, “Os miradoiros deste tipo —que inclúen basicamente acondicionamento do terreo, varandas de seguranza e sinalización— teñen un custo habitual que oscila entre os 15.000 e os 40.000 euros. Porén, a ausencia de plans de conservación e seguimento está a provocar o seu progresivo deterioro”.

A formación política apunta que en canto se promove a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, a realidade sobre o terreo amosa un abandono sistemático do patrimonio e das infraestruturas. “A falta de conservación, contextualización e posta en valor contrasta coa aposta puntual por elementos orientados á promoción turística superficial”, denuncian e critican que nin Xunta nin Concello estean a desenvolver unha política integral de protección do patrimonio.

En canto se promove a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, a realidade sobre o terreo amosa un abandono sistemático do patrimonio e das infraestruturas. A falta de conservación, contextualización e posta en valor contrasta coa aposta puntual por elementos orientados á promoción turística superficial, afastada dun modelo sostíbel e dunha contextualización e conservación axeitas do patrimonio.

Impactos acumulados sobre o territorio

A formación política asegura que a esta situación engádense novos proxectos industriais —parques eólicos e instalacións de baterías— que se pretenden implantar en zonas próximas ás vivendas, incrementando a presión sobre o territorio e contribuíndo ao despoboamento e á degradación paisaxística. “É sangrante a falta de ordenación do territorio e que Chantada continúe cun plan urbanístico que ultrapasa os 40 anos.”

“A situación do miradoiro de Sernande é un exemplo claro dun problema máis amplo: a falta de coidado e planificación sobre o patrimonio común,” afirman desde Por Chantada e conclúen, “máis que un territorio recoñecido polo seu valor patrimonial, Chantada corre o risco de consolidarse como un exemplo de abandono e mala xestión, en definitiva, patrimonio do caciquismo.”

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...