HomeCulturaOlga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

O BNG de Quiroga súmase, como cada ano, á celebración do ‘Día das Letras tendo programado para esta ocasión un acto conmemorativo no que se divulgará a obra de Begoña Caamaño, escritora e xornalista homenaxeada este 2026. O acto terá lugar o venres 15 de maio no Salón de Actos da Casa da Cultura de Quiroga ás 20:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e profesora Olga Novo fará un percorrido pola súa obra para profundar na reescritura dos mitos desde unha perspectiva feminista pero tamén en conexión co seu compromiso social coa realidade galega. Ademais, a relatora avanza que trazará desde certas figuras dos mitos literarios como ‘A Penélope’, que aparecen na obra de Caamaño e na tradición literaria galega, pero tamén ‘Penélopes reais’…”

O BNG de Quiroga convida á participación para coñecer esta escritora e xornalista viguesa que destacou polo seu traballo como xornalista e pola pegada da súa obra, en especial con “Circe ou o pracer do Azul” e  “Morgana en Esmelle” coa que recibiu varios premios literarios.

Ademais, tamén se quere salientar o seu activismo social incansable como nacionalista, sindicalista, feminista e antimilitarista.

ÚLTIMAS

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...

O Courel pedalea por Palestina

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da...

Premio ao mellor deseño para o IES Daviña Rey na ‘Liga Make Drone 2025-26’

O IES Daviña Rey vén de participar na "Liga Maker Drone", un encontro competitivo...