HomeDeportesSarria Bikers, a concentración moteira de Sarria celébrase do 15 ao 17...

Sarria Bikers, a concentración moteira de Sarria celébrase do 15 ao 17 de maio

A organización confía en repetir o éxito do ano pasado, cando participaron na concentración arredor de 400 moteiros e moteiras chegados de distintos puntos do país.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta renova o seu apoio á concentración moteira organizada polo club Sarria Bikers, que celebrará a súa cuarta edición do 15 ao 17 de maio. A directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, participou na presentación da programación.

Entre as actividades previstas figura a exhibición a cargo de ‘Balles y Pichu Stunt Show’, o sábado ás 18,30 horas no campo da Ribela, á que seguirá unha ruta de fachos e bandeiras en memoria dos moteiros caídos. O cartel inclúe tamén percorridos polos concellos da comarca, xogos, sorteos e actuacións musicais, como as do Grupo Keepers, DJ Cendoi ou a orquestra Neverloura, entre outras propostas.

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...