HomesociedadeO sector turístico de Chantada fórmase en astroturismo cunhas xornadas que se...

O sector turístico de Chantada fórmase en astroturismo cunhas xornadas que se celebran o 19 de maio

O sector turístico e outras persoas interesadas poden inscribirse no correo turismo@concellodechantada.org ou no teléfono 982 44 17 52. A xornada é gratuíta con prazas limitadas que se cubrirán por orde de inscrición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada organiza para o martes, 19 de maio, desde as 18:30h, na Casa da Cultura, unha xornada formativa destinada ás empresas e emprendedores vinculados co sector turístico.

A actividade pretende trasladar aos profesionais do turismo e outras persoas interesadas, as potencialidades que ten Chantada como Municipio Starlight, para poder achegarllas ao visitante. 

O astrofísico, Borja Tosar, destacaba a condición Starlight do Municipio de Chantada na mesa redonda que recentemente se celebrou na vila do Asma sobre as implicacións territoriais da eclipse, “Chantada ofrece a posibilidade despois da eclipse, de gozar da posta de sol e das Perseidas. O ceo é un recurso como a gastronomía, a paisaxe, o patrimonio, pero non estamos acostumados ao que temos. Chantada ofrece un espazo privilexiado e accesible para a observación do ceo nocturno. Despois da eclipse poder seguir desfrutando aquí do ceo é un privilexio”.

Para coñecer máis sobre este recurso desde o concello de Chantada promóvese esta nova actividade na que os participantes farán unha iniciación á observación do ceo nocturno e das estrelas para descubrir o potencial deste recurso e do astroturismo.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...