HomeCulturaCastro Caldelas convértese no epicentro da cultura galega

Castro Caldelas convértese no epicentro da cultura galega

Será este xoves, 14 de maio, para conmemorar o 798 aniversario do 'Foro do Bo Burgo' (1228), o documento máis antigo escrito en lingua galega que se conserva.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O acto de celebración dos 798 anos do Foro do Bo Burgo comezará ás 19:00 horas na Parroquia do Burgo de Castro Caldelas e servirá para render homenaxe a destacadas figuras do panorama cultural, social e profesional de Galicia.

Segundo sinalan fontes do concello, “o Foro do Bo Burgo, un texto legal outorgado polo rei Afonso IX de León que definía os dereitos e obrigas dos cidadáns da vila, representa un fito fundacional para a identidade e a lingua galega”. Durante a cerimonia recordarase a relevancia histórica de figuras como Laurentinus Hispanus, bispo de Ourense e recoñecido xurista na Universidade de Bolonia, e o arcebispo Bernaldus II, claves no esplendor medieval da zona.

Un dos momentos centrais da xornada será a entrega de distincións, representadas por esculturas creadas polo recoñecido artista Acisclo Manzano. Os premiados desta edición destacan pola súa excelencia en diversos ámbitos. Cultura e Letras: Simon R. Doubleday (Historia), Siro López (Arte), Rosalía Morlán (Literatura) e Valentín García (Lingua). Comunicación e Cine: Maribel Outeiriño (Xornalismo), Ignacio Vilar (Cine) e Marta Lucio (Dirección). Música: María do Ceo e Miro Casabella polo seu himno “O meu país”. Institucións e Patrimonio: Fundación Otero Pedrayo (no seu Ano Oteriano), APATRIGAL (Defensa da Cultura) e Casa da Cuesta (Reconstrución histórica). Sociedade e Deporte: Rafael Louzán (Xestión deportiva), Carmen Eiró Bouza (Dereito) e Mons. Leonardo Montanet (Fe).

O evento contará tamén coa participación do Presidente do Parlamento de Galicia, o Subdelegado do Goberno en Ourense e o Director Xeral de Patrimonio. “Coa celebración deste 798 aniversario, Castro Caldelas reafirma o seu compromiso coa custodia e difusión do documento que marca o nacemento administrativo da nosa lingua, proxectando a súa importancia cara ao futuro”, sinalan tamén dende o concello.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...