HomesociedadeO Concello de Chantada mellora a limpeza das beirarrúas

O Concello de Chantada mellora a limpeza das beirarrúas

Os traballos de limpeza comezaron na contorna da Praza de Santa Ana pola Avda de Ourense e continuarán durante os próximos tres meses para chegar a todas as zonas peatonais da vila. Tamén se limpará todo o mobiliario de pedra das diferentes prazas e espazos verdes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada a través da concellaría de Infraestruturas Urbanas coordina o comezo do programa para a limpeza de beirarrúas e prazas na vila do Asma. Previamente a estas actuacións, a brigada de obras e servizos levou a cabo rebaixes e adecuación das beirarrúas para mellorar a accesibilidade en varias zonas.

Despois destas obras de mellora da accesibilidade, que se seguirán executando progresivamente noutras beirarrúas, decidiuse actuar na limpeza dos pavimentos, “Esta era unha medida que había que levar a cabo. O pasado ano desde o concello adquirimos unha máquina hidrolavadora con varios tipos de lanzas e un plato fregador o que permite aos operarios mellorar a limpeza nas unións cos edificios, usar presión nos bordos e poder lavar as beirarrúas tanto de baldosa como de pedra”, explica o alcalde do concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Beirarrúas limpeza / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...