HomesociedadeEn marcha as obras da estrada provincial que une Chantada e Os...

En marcha as obras da estrada provincial que une Chantada e Os Peares

A Deputación de Lugo iniciou este xoves os traballos de mellora do firme na estrada provincial LU-P-1801, que conecta Chantada e Os Peares ao seu paso por Nogueira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actuación permitirá acondicionar un total de 23 quilómetros de vía, concretamente entre os puntos quilométricos 6 e 29, cun investimento superior aos 300.000 euros.

As obras, que teñen un prazo de execución de 3 meses, foron adxudicadas á empresa Construcciones y Obras Taboada Ramos SLU. Os primeiros labores centraranse na limpeza e reapertura de cunetas para garantir unha correcta drenaxe da estrada, e posteriormente iniciarase a renovación do firme mediante tarefas de pavimentación.

Con esta actuación, a institución provincial continúa avanzando no seu plan de conservación e mellora da rede viaria provincial, co obxectivo de incrementar a seguridade viaria. A LU-P-1801 é unha estrada de especial importancia para a mobilidade da zona sur da provincia, xa que conecta distintos núcleos de poboación e soporta tráfico local, agrícola e de servizos. Paralelamente, a Deputación continúa executando nesta mesma vía obras de emerxencia para reforzar un muro de sostemento situado no quilómetro 14,5, ao seu paso pola parroquia de Nogueira de Miño. Estes traballos avanzan a bo ritmo e a previsión é que a estrada poida quedar reaberta ao tráfico nun prazo aproximado de dous meses

ÚLTIMAS

Este 16 de maio comeza o “Descubrir Quiroga” percorrendo o Camiño de Inverno

Este xoves o concello de Quiroga presentaba o programa que comeza xa coa súa...

O Concello de Chantada mellora a limpeza das beirarrúas

O Concello de Chantada a través da concellaría de Infraestruturas Urbanas coordina o comezo...

Sarria Bikers, a concentración moteira de Sarria celébrase do 15 ao 17 de maio

A Xunta renova o seu apoio á concentración moteira organizada polo club Sarria Bikers,...

Narración oral e homenaxe aos ‘Cómicos de Salcedo’ na Pobra do Brollón

O sábado 16 de maio a Casa da Cultura 'Olga Novo' acollerá ás 20:00...