HomesociedadeO PP da Pobra do Brollón denuncia a perda de axudas por...

O PP da Pobra do Brollón denuncia a perda de axudas por falta de xestión

O voceiro do PP da Pobra do Brollón, Teddy López, advirte de que “a nefasta xestión do alcalde nacionalista levou ao Concello a renunciar a unha achega de preto de 50.000 euros da Deputación de Lugo correspondente ao Plan de Cooperación cos Concellos do ano 2024”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo o PP, o concello solicitara unha subvención para executar a humanización do segundo tramo da rúa da Igrexa. “Con todo, e malia dispoñer de prazo ata finais do 2025 para executar a actuación, o proxecto non chegou a executarse”. Aseguran que se renunciou á axuda pola falta de empresas que concorresen ao proceso de licitación.

Para o voceiro popular, Teddy López, esta situación non é illada e culpan ao goberno local “de non capaz de atopar empresas interesadas en executar este tipo de obras. Isto demostra un problema estrutural na maneira de planificar, dimensionar e xestionar os proxectos municipais”.

O PP advirte de que esta situación “pode repetirse noutras obras e subvencións futuras, o que suporía seguir perdendo financiamento doutras administracións e atrasando ou impedindo actuacións necesarias para mellorar o concello”. O voceiro popular lamenta que “esta renuncia implique non só perder preto de 50.000 euros, senón tamén unha oportunidade real de mellorar unha rúa importante do municipio”.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...